Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

10/09/22 | 10:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a xornada ‘ Roberto Vidal Bolaño, falamos sempre’ para rememorar o coñecido dramaturgo

O programa inclúe distintos relatorios, coloquios e a celebración dunha mesa redonda en torno a súa figura

08/09/22 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 aposta polo talento das bandas emerxentes co ciclo ‘Novas músicas en galego’

A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia, busca poñer en valor o talento das novas xeracións de músicos galegos

30/08/22 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a XIII edición das xornadas Sanxenxo na Historia coa presentación de dúas publicacións sobre o Camiño de Santiago e mulleres galegas ilustres

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación dos libros nos que se afonda en lendas sobre a Ruta Xacobea e en figuras como Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova

05/08/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O embaixador da lingua galega en Xapón, Takekazu Asaka, presenta tres obras clásicas da nosa literatura en xaponés-galego co apoio da Xunta

Como lingüista, investigador e ensaísta apaixonado por Galicia elaborou a versión bilingüe en xaponés e galego de ‘A rosa de cen follas’ e ‘As Romaxes da Franqueira’, ambas de Ramón Cabanillas, e unha Introdución ás ‘Cantigas de Santa María’ de Afonso X
 

14/07/22 | 21:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca o compromiso do Goberno galego coa difusión da dramaturxia en galego na presentación do novo libro de Ernesto Is

A obra ‘Profetas’ conta co apoio da Xunta de Galicia e vén de gañar o 16º Premio Abrente de Textos Teatrais

11/07/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
30/06/22 | 20:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García agradece aos recoñecidos cos Premios Lois Peña o seu compromiso coa cultura e a lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega da XXVI edición destes premios ao músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e colectivo Nova Escola Galega

29/06/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego inicia en Noruega o proxecto europeo ‘Phone’ para a posta en valor de linguas minoritarias a través do teatro

A cidade de Tromso acollerá un primeiro encontro presencial no que participará a compañía galega Moving Compass

23/06/22 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta de intercambio literario con Irlanda selecciona ao poeta lucense Jesús Castro

O director xeral de Cultura reúnese co escritor que se desprazará ao país para comezar a súa nova obra e reforzar así a proxección exterior das letras galegas

22/06/22 | 15:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Fundación Repsol convocan a XVI edición do premio narrativa breve para fomentar a creación literaria en lingua galega

O obxectivo desta iniciativa é impulsar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua galega, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia