Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

23/11/22 | 12:55 | C. de Sanidade

O Sergas creará unha vía rápida de atención sanitaria e psicosocial a mulleres e nenos en situación de violencia de xénero

A historia clínica electrónica galega incorpora xa unha ferramenta para facilitar a detección temperá destes casos

22/11/22 | 14:30

A Xunta reforzará e ampliará os recursos para as vítimas da violencia de xénero cun orzamento para combater esta lacra que sube o 14% ata os 20,5 M€

A conselleira da Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para poñer en valor os recursos e esforzos da Xunta contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas en todos os ámbitos

21/11/22 | 13:33

Trenor visita o stand da campaña ‘Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual’ instalado no concello de Coirós no que se organizan obradoiros de sensibilización

Con esta campaña que está percorrendo varios concellos galegos a Xunta busca informar e sensibilizar á poboación en xeral contra a violencia sexual
 

21/11/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede axudas por valor de 174.000 euros a catro asociacións de Ferrolterra para sufragar programas no ámbito da inclusión social

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria da Consellería de Política Social e Xuventude durante unha visita á Cocina Económica, unha das entidades beneficiarias

20/11/22 | 16:20

Máis de 7.000 persoas camiñan cara ao respecto na X Andaina Contra a Violencia de Xénero convocada pola Consellería da Igualdade

As conselleiras de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana xunto coas titulares de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana e completaron a ruta entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro

18/11/22 | 16:42

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta de Galicia co fomento do emprego feminino

O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense resultaron beneficiadas 67 emprendedoras, que cun investimento de 831.000 euros crearon un total de 115 postos de traballo indefinidos, 69 por conta propia e 46 por conta allea

18/11/22 | 15:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta reedita o compromiso coa atención á discapacidade, á que se destinarán 165 M€ no 2023, o maior orzamento da súa historia

Desde o ano 2009 aumentou un 30% o número de prazas públicas de atención diúrna ou residencial e multiplicouse por 13 o número de concellos que contan con unidades de atención temperá