Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

22/11/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia integrará tres centros na nova rede estatal de excelencia de formación profesional

Son os Centros Integrados de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, As Mercedes de Lugo e Ánxel Casal da Coruña

19/11/22 | 16:39

A Xunta lanza a cuarta edición do programa educativo Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambiente entre a comunidade escolar

No curso 2022-2023 participan nove centros educativos, dos cales seis cooperan por primeira vez, mentres que o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro (Barbadás), CEIP Plurilingüe A Ramallosa (Teo) e o IES de Valga (Valga) repiten experiencia

19/11/22 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba a vocación e entrega dos docentes para fomentar a integración, creatividade e innovación en idades temperás

Destaca a implicación crecente dos profesores galegos en ampliar os seus coñecementos en ámbitos como a dixitalización e innovación educativa

19/11/22 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre novas convocatorias para estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co programa ‘Iacobus’

A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión

17/11/22 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa destaca as accións da Xunta para mellorar o ensino a través da tecnoloxía

Judith Fernández participa na apertura do XXXV congreso Enciga, da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia, que se desenvolve no instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso

17/11/22 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor os programas educativos do instituto de Brión a través da súa biblioteca escolar, na que investiu 50.000 € en equipamento e melloras

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita as recén remodeladas e ampliadas instalacións deste espazo de lectura

17/11/22 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A V edición do Certame de Podcast ‘Xosé Mosquera Pérez' conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste concurso dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria para divulgar a lingua galega a través das novas tecnoloxías e promover a historia da radio en Galicia

16/11/22 | 15:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza un novo aumento do orzamento para comedores escolares e as liñas do Plan de mellora enerxética para facer fronte á inflación

A Consellería fixa un incremento adicional do 5% de achegas aos centros para a compra de alimentos nos comedores de xestión directa que se suma ao outro 5% aumentado xa a finais do pasado curso
 

15/11/22 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta completa o proceso de estabilización docente coa convocatoria de 125 prazas do concurso-oposición e que eleva a 4.000 os postos educativos en dous anos

A Consellería de Educación remite á Mesa Sectorial Docente a proposta de distribución das prazas en 54 especialidades de Ensino secundario, mestres e especialistas en sectores singulares de FP, escolas oficiais de idiomas, Música e Artes escénicas e Artes plásticas e deseño

15/11/22 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa a rehabilitación integral do colexio Flavia de Padrón como exemplo da pegada do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica no rural

A Xunta investiu máis de 850.000 euros para reparar a cuberta e mudar a fachada así como reforzar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética