Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

16/09/22 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello da Gudiña na mellora do sistema de depuración do núcleo de Carracedo da Serra, que supón un investimento de 52.000 euros

A Xunta, a través de Augas de Galicia, achega apoio técnico para o desenvolvemento das obras e financia integramente os traballos, asumindo a entidade local a execución do novo sistema de depuración
 

15/09/22 | 18:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta traballa xa na redacción do proxecto para a reconstrución da presa de Ponte Maceira

Augas de Galicia está a elaborar o documento técnico que determinará as intervencións necesarias para mellorar a infraestrutura
 

13/09/22 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza hoxe coas comunidades de usuarios de auga do Concello de Oímbra as propostas de mellora dos seus sistemas de abastecemento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está inmersa na elaboración dos primeiros plans municipais de abastecemento autónomo de Galicia, iniciativa á que se destina un investimento autonómico de 900.000€

09/09/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca constata un leve incremento dos caudais dos ríos, que continúan un 32% máis baixos que a media da última década

Cómpre manter a contención do consumo, xa que os caudais non están estabilizados, a pesar da suba con respecto ao 22 de agosto, cando se situaban un 34% por debaixo da media
 

08/09/22 | 16:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a colaboración coa mancomunidade do Salnés para reforzar o sistema de saneamento dos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia e Camados cun investimento de máis de 1 M€

Esta actuación permitirá solucionar as deficiencias da estación de bombeo de augas residuais de Cabanelas, evitando os frecuentes problemas de alivio ao río Umia

07/09/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axudará con 300.000 euros aos concellos para que auditen as súas redes de saneamento co fin de erradicar filtracións e vertidos e preservar a calidade da auga

Vázquez Mourelle destaca que as auditorías son un instrumento esencial na detección e emenda das eivas das redes de saneamento municipal e incide na urxencia de atallar eses problemas para coidar a auga

07/09/22 | 13:03

A Xunta lanza unha nova guía de boas prácticas nas redes de abastecemento de auga para fixar criterios comúns e garantir a súa integración coa paisaxe

A publicación recolle unha serie de recomendacións co dobre obxectivo de fixar criterios básicos á hora de planificar a construción destas infraestruturas e, á vez, indicar medidas correctoras para mellorar as existentes e mitigar posibles impactos

05/09/22 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora coa Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito en Rianxo para mellorar a potabilización e para evitar perdas de auga

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego
 

02/09/22 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axuda a máis de 80 concellos a eliminar as fugas nas súas redes de abastecemento incrementando a súa blindaxe fronte á seca

Vázquez Mourelle explica que Xunta vén de ampliar ata os 600.000 € as axudas autonómicas para que as 83 entidades locais que así o solicitaron poidan beneficiarse delas e elaborar plans de actuación para atallar as perdas de auga nas súas redes de abastecemento
 

31/08/22 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Lei de mellora do ciclo integral da auga, que entrará en vigor mañá, permitirá aos concellos blindar os seus sistemas de abastecemento fronte á seca con apoio da Xunta

A Xunta e os municipios da marxe dereita da ría de Arousa traballan xuntos para afrontar con maiores garantías o abastecemento a unha poboación de preto de 93.000 habitantes