Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

06/09/22 | 10:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica a nova guía de financiamento comunitario 2021-2027

Editada pola Fundación Galicia Europa, inclúe un manual de elaboración de proxectos europeos e fichas resumo de 43 programas de financiamento comunitario

30/08/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións municipais de Ribadumia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de case 28.000 euros

03/08/22 | 14:08 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a primeira comunidade na que o parlamento autoriza o teito de gasto para 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano que ascende a 12.599 millóns de euros
 

26/07/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Universidade de Vigo colaboran na mellora da xestión pública local galega

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, presentaron hoxe a cátedra de Bo Goberno Local e a modernización do marco lexislativo local de Galicia