Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

09/07/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei

A actuación, adxudicada por un importe de case 150.000 euros, comezará no vindeiro mes de agosto e terá un prazo de execución de 6 meses

07/07/20 | 14:52

A Xunta destaca a aposta do Fairway pola dixitalización e sustentabilidade no Camiño de Santiago

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou na presentación da cuarta edición desta cita que este ano estará marcada pola proximidade do Ano Santo

07/07/20 | 11:56

A Xunta, axencias de viaxe e turoperadores colaboran para impulsar o turismo familiar e crear novos produtos en Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo e os presidentes da Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia e a Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia asinaron hoxe dous acordos de colaboración por valor de 500.000 euros

04/07/20 | 13:15

Román Rodríguez subliña que a preparación, a seguridade e a hospitalidade son os tres piares para a reactivación do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo participou no acto organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para escenificar o relanzamento desta ruta

02/07/20 | 12:10

A Xunta pon en marcha unha plataforma online para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago

A reserva realizarase a través da web alberguesxacobeo.gal, o que convivirá coa posibilidade de facelo ao chegar ao establecemento se este dispón de capacidade

01/07/20 | 13:59 | A Presidencia da Xunta

Feijóo erixe Galicia como un destino seguro e apela aos valores do camiño para avanzar na reactivación económica e social tras a covid-19

“Hoxe, Galicia volve a ser un dos lugares de maior tradición europeísta e volve poñer en valor o que significa o Camiño: unión, solidariedade e esforzo”, di, incidindo en que a Comunidade segue a ser a terra de acollida que sempre foi

26/06/20 | 16:40

Os albergues públicos do Camiño de Santiago ultiman os seus preparativos para abrir de xeito gradual a partir do 1 de xullo

A Xunta e os concellos con albergues municipais coordinan a reapertura dos establecementos, adaptados á nova situación para unha acollida segura

24/06/20 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago ao seu paso pola rúa Escurridía e A Ponte Vella

Estas actuacións, licitadas por un importe de 240.000 euros, poderán comezar a finais do verán, unha vez que os terreos estean dispoñibles

22/06/20 | 12:43

A Xunta suma un novo apoio ao Xacobeo 2021 tras asinar un acordo de patrocinio con R

O conselleiro de Cultura e Turismo e o director corporativo de Empresas de R e do Grupo Euskaltel asinaron hoxe o acordo na sede da empresa na Coruña

21/06/20 | 11:17

A Xunta e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño impulsarán a Ruta Xacobea cun congreso internacional

O XII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas, que ía celebrarse o pasado maio en Madrid, terá lugar en Santiago o vindeiro mes de outubro