Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

11/06/21 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta establece un protocolo con medidas para o uso dos albergues públicos que garante aos peregrinos un Camiño seguro

O límite de ocupación nas zonas comúns será do 50%, pero nas habitacións redúcese aos 30%, salvo para grupos burbulla acreditados

10/06/21 | 19:38

Galicia acolle desde mañá a travesía náutica xacobea Navega o Camiño con sete etapas por distintos portos da comunidade

A titular de Mar e a presidenta de Portos de Galicia realizarán mañá a primeira etapa desta ruta marítima a bordo dunha embarcación fretada pola organización que conta cunha tripulación amplamente feminina liderada pola campioa olímpica Ángela Pumariega

10/06/21 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro pon en valor no Parlamento as accións que están a posicionar a Galicia como destino seguro

A directora de Turismo de Galicia explicou as medidas que desde o comezo da pandemia promoven Galicia como destino seguro

10/06/21 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A metade dos albergues da rede pública abrirán o 15 de xuño para dar servizo a unha demanda crecente de peregrinos no Camiño de Santiago

A intención da Xunta é retomar primeiro a actividade nos establecementos daquelas rutas que teñen menos oferta de aloxamentos privados

09/06/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén louva a relación da paisaxe co deporte da Baixa Limia como exemplo de recurso de desenvolvemento sostible

O delegado territorial sinalou que, na súa aposta por fomentar Galicia como un destino turístico de calidade, a Xunta asinou un convenio co INORDE para apoiar actividades relacionadas coa promoción e a dinamización turística na provincia de Ourense, ao que destina 52.000 euros

08/06/21 | 18:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia presenta no Museo do Prado a candidatura da Ribeira Sacra ante os embaixadores do Comité da Unesco

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explica o traballo que están a facer Xunta e Goberno central nesta paisaxe cultural

08/06/21 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía en 1,4 M€ máis o orzamento da tarxeta do bono turístico para chegar a máis beneficiarios e favorecer o sector

Uns 6.500 adxudicatarios poden facer uso xa do seu crédito, o que terá un efecto multiplicador no sector turístico da comunidade

07/06/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a nova oferta de turismo activo e de natureza en Manzaneda contribuirá a desestacionalizar a oferta turística da estación

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación das actividades de turismo activo e deporte que acollerá a estación de montaña desde esta fin de semana, que se suman ao bike park que abriu o 29 de maio

06/06/21 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha unha unidade móbil para promover o Xacobeo en dez cidades españolas e dúas portuguesas

Un camión personalizado con temática xacobea e a oferta turística galega comezou en Asturias unha xira promocional por doce cidades que rematará o día 29 en Braga