Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta incrementou un 18% o seu investimento no coidado das persoas maiores desde 2017, ata superar os 314 millóns de euros
A Consellería de Política Social achegou en 2020 un total de 156,4 millóns para a creación e mantemento de prazas públicas residenciais e de centros de día, e case 158 millóns en axudas directas e no Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta destaca que a formación no ámbito da dependencia debe mellorar o servizo, pero tamén previr riscos no exercicio dos coidados
A Xunta desenvolve oito talleres gratuítos dirixidos a 73 persoas en concellos das catro provincias co fin de trasladar boas prácticas de saúde e seguridade laboral ás persoas coidadoras
A Xunta financia con 5,8 millóns de euros programas de inclusión social de 59 concellos galegos
Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo 208 programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar
Fabiola García invita no Seminario da Macrorrexión de rexións do sudoeste de Europa a toda a sociedade a implicarse para superar o reto demográfico
Incidiu na clara vocación de consenso e de permanencia do instrumento vertebrador do Goberno galego neste eido, a primeira Lei de impulso demográfico de España
Os usuarios do Centro Ocupacional O Saiar de Caldas e do CAPD de Redondela instalan a decoración de Nadal do edificio da Xunta en Pontevedra
O delegado territorial, Luis López, compartíu a mañá cos participantes nestes centros autonómicos e axudounos na instalación de dúas árbores e outros elementos decorativos elaborados por eles mesmos nas últimas semanas
A Xunta fará unha integración tecnolóxica nas residencias para unha maior seguridade dos usuarios e para optimizar o traballo dos profesionais
Farase unha transformación e integración dos sistemas de información e comunicación residencial e facilitarase o traballo dos profesionais con monitores multiparamétricos que axilicen o rexistro e melloren a seguridade e trazabilidade de datos dos usuarios
Fabiola García destaca que os orzamentos da Xunta para o 2022 inclúen o maior investimento da historia de Galicia para as persoas con discapacidade
Os fondos destinados a este ámbito ascenderán aos 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que no actual ano
A Xunta pon en valor o traballo das casas niño para garantir que os nenos teñan a posibilidade de medrar no rural
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe a casa niño A Parruliña