Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

28/03/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartirá esta semana 100.000 mascarillas que chegarán directamente aos concellos galegos a través dun novo centro loxístico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá á plataforma loxística que o Goberno galego impulsou para a adquisición e reparto do material de protección aos municipios

26/03/20 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a incorporación de ata 358 profesionais sanitarios que se suman aos máis de 39.000 que ten o Sergas e novas medidas económicas para dotar de liquidez á Comunidade

Avanza tamén un reforzo en material con novas contratacións para adquirir máis mascarillas cirúrxicas, máis máscaras respiratorias, máis batas de alta protección, máis botellas de solución desinfectante “e todos os test que se poidan conseguir”

25/03/20 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta, a través do persoal do servizo de prevención e loita contra incendios, continúa coa desinfección dos exteriores de residencias e centros de saúde en oito municipios lucenses

Hoxe actuarán nos municipios de Sober, Pantón, A Pobra do Brollón e Bóveda na zona sur da provincia; en Xove na Mariña; na Pastoriza (incluído Bretoña) na Terra Chá; e no Incio e Baleira

25/03/20 | 14:01

Galicia pon 157 aloxamentos turísticos a disposición de traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables durante a crise do coronavirus

A Xunta ofrece así unha alternativa aos 829 afectados polo peche de establecementos adoptado polo Goberno central que mañá entra en vigor

24/03/20 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte entre os concellos da área territorial de Vigo nun primeiro envío 20.000 pares de guantes e 2.000 mascarillas

Desde as delegacións territoriais estase así atendendo ás peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP

24/03/20 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte entre os concellos da área territorial da delegación de Pontevedra un primeiro envío de 3.122 mascarillas e 17.689 guantes

Neste primeiro reparto se están atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP

24/03/20 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte entre os concellos da provincia ourensá un primeiro envío de 1.700 mascarillas e 25.500 guantes

Neste reparto se están atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP e que benefician a 17 concellos

24/03/20 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte nun primeiro envío entre os concellos da provincia 7.000 mascarillas e 40.000 guantes

Neste primeiro reparto se están atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP

23/03/20 | 18:19

A Consellería do Mar cede aos bombeiros de Ferrol tres habitacións e unha sala da escola náutico-pesqueira durante o estado de alarma decretado polo coronavirus

O obxectivo é evitar o risco de contaxio polo Covid-19 entre os profesionais deste servizo esencial para a cidadanía

23/03/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o reparto de equipos de protección aos concellos en colaboración coa Fegamp

O material distribuirase preferentemente nos concellos máis pequenos, que non teñen forma de adquirir este material