Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

05/12/21 | 08:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementou un 18% o seu investimento no coidado das persoas maiores desde 2017, ata superar os 314 millóns de euros

A Consellería de Política Social achegou en 2020 un total de 156,4 millóns para a creación e mantemento de prazas públicas residenciais e de centros de día, e case 158 millóns en axudas directas e no Servizo de Axuda no Fogar

04/12/21 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a formación no ámbito da dependencia debe mellorar o servizo, pero tamén previr riscos no exercicio dos coidados

A Xunta desenvolve oito talleres gratuítos dirixidos a 73 persoas en concellos das catro provincias co fin de trasladar boas prácticas de saúde e seguridade laboral ás persoas coidadoras

04/12/21 | 08:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 5,8 millóns de euros programas de inclusión social de 59 concellos galegos

Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo 208 programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

03/12/21 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García invita no Seminario da Macrorrexión de rexións do sudoeste de Europa a toda a sociedade a implicarse para superar o reto demográfico

Incidiu na clara vocación de consenso e de permanencia do instrumento vertebrador do Goberno galego neste eido, a primeira Lei de impulso demográfico de España

03/12/21 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade

Os usuarios do Centro Ocupacional O Saiar de Caldas e do CAPD de Redondela instalan a decoración de Nadal do edificio da Xunta en Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, compartíu a mañá cos participantes nestes centros autonómicos e axudounos na instalación de dúas árbores e outros elementos decorativos elaborados por eles mesmos nas últimas semanas

03/12/21 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade
02/12/21 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fará unha integración tecnolóxica nas residencias para unha maior seguridade dos usuarios e para optimizar o traballo dos profesionais

Farase unha transformación e integración dos sistemas de información e comunicación residencial e facilitarase o traballo dos profesionais con monitores multiparamétricos que axilicen o rexistro e melloren a seguridade e trazabilidade de datos dos usuarios

02/12/21 | 14:10 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que os orzamentos da Xunta para o 2022 inclúen o maior investimento da historia de Galicia para as persoas con discapacidade

Os fondos destinados a este ámbito ascenderán aos 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que no actual ano

02/12/21 | 13:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo das casas niño para garantir que os nenos teñan a posibilidade de medrar no rural

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe a casa niño A Parruliña