Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

17/06/21 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda agradece a Corea do Sur a súa aposta polo Camiño de Santiago e invita os seus cidadáns a desfrutar dos atractivos turísticos de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta participou en Barcelona nun foro sobre turismo entre España e a República de Corea, sétimo país no mundo que aporta máis peregrinos ás rutas xacobeas

17/06/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta garante a seguridade nos albergues da rede pública que abriron esta semana para atender o aumento da afluencia de peregrinos

O xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, explicou hoxe nunha demostración nun dos albergues abertos o protocolo coas medidas anticovid para un uso seguro destas instalacións

16/06/21 | 19:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro enxalza o papel do Xacobeo de cara á reactivación do turismo náutico na chegada a Muros da Travesía Xacobea "Navega o Camiño"

A directora de Turismo de Galicia recibiu aos navegantes que participan nesta peregrinación por mar, organizada polas asociacións náuticas coa colaboración da Xunta para poñer en valor o sistema portuario autonómico

16/06/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugurará o vindeiro 29 de xuño en Vigo o albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves

O aloxamento do Berbés, cunha inversión de 1,6 millóns de euros, permitirá acoller a 93 persoas nun edificio de seis plantas dando resposta á demanda de peregrinos

15/06/21 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reabre hoxe a metade de albergues da rede pública, cinco deles no Camiño Francés

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, na que destacou a implicación desta entidade na promoción da ruta máis transitada polos peregrinos

14/06/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta crea un itinerario peonil accesible para equipos de emerxencias e mellora a sinalización das Torres do Oeste de Catoira

O delegado territorial, Luis López, supervisa esta actuación, orientada a garantir a seguridade deste Ben de Interese Cultural, xunto ao alcalde, Alberto García

14/06/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina coa Deputación da Coruña o convenio para cofinanciar a Tarxeta do Bono Turístico #QuedamosEnGalicia

A colaboración dos organismos provinciais da Coruña e de Ourense, xunto co remanente do bono do 2020, permitirá incrementar en 1,4M€ o orzamento do programa ata acadar os 7,5M€, mobilizados co obxectivo de chegar a máis beneficiarios

13/06/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia dos eventos deportivos para promocionar Galicia como destino turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á IV edición da ‘Ourense Strade Termal doby Ridley’ que contou coa participación de 300 cicloturistas que atravesaron o Parque Nacional do Xurés-Geres