Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

26/10/20 | 14:59

Galicia e o porto de Vigo mostran a entidades portuarias de todo o mundo o seu potencial de crecemento azul e o seu labor a prol dunha pesca sustentable

A Xunta salienta que o porto de Vigo é o primeiro peirao pesqueiro europeo e un dos primeiros en conseguir a categoría de porto verde así como en apostar polo crecemento azul

21/10/20 | 17:03

Galicia conta co programa de control das zonas de produción de moluscos máis intensivo de Europa grazas ao traballo do Intecmar

O centro dependente da Consellería do Mar realizou en 2019 máis de 85.000 análises e superou as 7.400 resolucións de apertura e peche de zonas ou informes de seguridade alimentaria

21/10/20 | 12:59

Galicia insiste ao Goberno central sobre o papel vital do Instituto Español de Oceanografía na defensa dos intereses da frota en cuestións como a fixación das cotas de pesca

Lamentou a situación deste centro e demandou unha vez máis ao Executivo estatal que reverta o seu desmantelamento e que adopte medidas para reforzar o seu traballo de cara á determinación das posibilidades de pesca de 2021

16/10/20 | 12:00

O Servizo de Gardacostas de Galicia foi activado polo Estado en preto de 250 ocasións entre 2019 e 2020 cun custo de máis de dous millóns de euros

O subdirector xeral do servizo lembrou que Galicia é a única comunidade autónoma que dispón de medios marítimos e aéreos propios para colaborar co Estado nos labores de busca, auxilio e loita contra a contaminación no mar

13/10/20 | 16:56

Galicia defende que a fixación das cotas para 2021 teña en conta os aspectos socioeconómicos e que as variacións nunca sexan superiores ao 15%

A conselleira do Mar lembra a importancia de adoptar medidas para facer fronte á obriga de desembarque e de responder ao esforzo realizado pola frota pesqueira española e galega nos últimos anos para mellorar as pesqueiras

13/10/20 | 16:12

Un estudo do proxecto Cleanatlantic revela que o 80% dos pescadores de Galicia están dispostos a participar en programas de recollida de lixo mariño

As conclusións desa análise socioeconómica sobre a percepción dos mariñeiros galegos en relación a estes refugallos déronse a coñecer hoxe nunha xornada na que se presentaron os resultados desta iniciativa europea que coordina o Centro Tecnolóxico do Mar

11/10/20 | 12:26

A economía azul e o Pacto Verde Europeo centrarán a edición virtual do Business2Sea 2020 organizado por Galicia e Portugal

Este evento internacional organizado polo Cetmar e Forum Océano desenvolverase entre o 16 e o 20 de novembro de xeito telemático ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá accións como conferencias, talleres, curtas do mar e encontros de negocios