Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Igualdade:

04/06/21 | 12:31

A Xunta anima aos galegos a participar nas actividades dos parques naturais para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

Para poñer en valor a riqueza natural destes espazos, organízanse rutas, xincanas e visitas guiadas de balde para os visitantes interesados

03/06/21 | 12:53

Galicia impulsa a actividade do Observatorio costeiro dedicado ao coidado do medio mariño

Desde hai máis de dez anos este instrumento da Xunta de Galicia ofrece información da costa galega de grande utilidade para a investigación e a toma de decisións por parte das administracións

02/06/21 | 11:59

As precipitacións rexistradas na primavera galega foron un 21% máis baixas do valor de referencia

Ángeles Vázquez salienta que maio foi o mes máis frío, debido á chegada continua de borrascas e aire frío

01/06/21 | 14:51

O compromiso coa reciclaxe de vidro consolídase en Galicia con 63 envases depositados por cidadán, dous máis que a media española

A pesar do impacto da covid na hostalería, responsable da xeración de máis do 50% deste tipo de residuos, os fogares galegos reciclaron máis vidro durante o ano pasado, o que permitiu paliar a notable caída do consumo de envases

01/06/21 | 12:53

Máis de 300 escolares galegos achegaranse en xuño ao coidado do territorio con visitas guiadas no marco do ‘Proxecto Terra’

Desde hoxe e ata o vindeiro día 18, alumnos dunha decena de centros educativos de Primaria e Secundaria percorrerán os principais puntos de interese de Santiago de Compostela, Allariz, Pontevedra e Ferrol

01/06/21 | 12:29

A Xunta recorda que os arroaces son animais silvestres e insiste na necesidade de evitar interactuar con eles

Os exemplares de ‘Tursiops truncatus’, como o que se avistou este fin de semana na ría de Muros-Noia, adoitan a convivir en grupo de 15 exemplares de media, polo que a soidade deste fai que se achegue aos humanos

31/05/21 | 17:01

A Xunta licita hoxe as obras da nova planta de transferencia de Cee, que terá capacidade para 12.000 toneladas de residuos urbanos

A conselleira salienta que esta é a primeira mellora que se realizará nas 13 instalacións deste tipo, pois en sete delas se habilitará unha nova tolva para o transvase de materia orgánica recollida a través do quinto contedor, de cor marrón, e as cinco microplantas existentes melloraranse para convertelas en plantas de transferencia de maior capacidade

31/05/21 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Cada lucense depositou o pasado ano unha media de case 23 quilos de residuos nos contedores amarelo e azul

En conxunto, na provincia recicláronse 7.324 toneladas e rexistrou un especial incremento a recollida de envases lixeiros, que medrou nun 12,7%

31/05/21 | 14:50

Meteogalicia reforza a súa rede de observación coa instalación dunha nova cámara web no concello de Monforte

Con esta última incorporación, son xa 27 as cámaras que están en servizo en toda a Comunidade, o que supón un complemento importante aos datos das variables meteorolóxicas clásicas e permite mellorar a información pública subministrada