Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Economía:

15/06/21 | 11:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a formación do profesorado de cara ao próximo curso centrada na transformación dixital, o benestar emocional, a igualdade e o desenvolvemento sostible

Román Rodríguez subliña a aposta polos retos de futuro, “con docentes dixitalmente competentes e dotados cos recursos necesarios para unha educación baseada na inclusión, na equidade e no benestar emocional”

14/06/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia sumará o próximo curso 11 anos seguidos cos prezos medios de matrícula universitaria máis baixos de España

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a conxelación dos prezos públicos por décimo primeiro ano consecutivo, consolidando a nosa Comunidade como a referencia

14/06/21 | 14:39 | C. de Sanidade

Preto de dous mil escolares galegos participan na XVII edición de Clases sen fume, o programa educativo para a prevención do tabaquismo da Xunta

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo entrega dos premios desta iniciativa que trata de evitar o inicio do consumo de tabaco na mocidade galega

14/06/21 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará a través do Recupera un plan de choque para blindar a calidade e a equidade do sistema educativo galego co apoio de 1250 docentes

O obxectivo fundamental é reforzar as aprendizaxes non adquiridas por mor da pandemia, previndo o fracaso e o abandono educativo temperá

11/06/21 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta prevé implantar media ducia de másteres de formación profesional en Vigo o vindeiro curso

A Consellería de Educación está a ultimar os detalles da oferta destes cursos de especialización e da FP Dual, cun importante peso para a cidade da oliveira

11/06/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora 7 centros educativos da provincia de Ourense ao Programa de libro dixital E-Dixgal

Gabriel Alén tamén informou que amplían a súa participación a 3º e 4º da ESO na provincia os centros CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, o CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, o IES O Ribeiro de Ribadavia, o IES Cosme López Rodríguez de A Rúa e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo

09/06/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021

Increméntase nun 6% a contía do premio, que poderán obter ata 20 estudantes

08/06/21 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/06/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta, a Fundación María José Jove e Ingada levan formados arredor de 2.000 de docentes no ámbito do TDAH

O acordo de cooperación, en marcha desde o curso 2014/2015, renovouse hoxe nun acto no que se galardoaron os proxectos gañador e finalistas da VII Bolsa Ingada-María José Jove