Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

11/12/21 | 21:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinalou que a sociedade galega volve brillar pola súa solidariedade na decimoquinta Gala da Fundación Andrea

Destacou que durante o último ano o labor desta entidade continuou e permitiu atender a 400 familias, o que supón unha cifra récord

11/12/21 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará a posta en marcha de actividades no centro de día e de prevención integral á dependencia do Pereiro de Aguiar

O Goberno galego buscará a fórmula para colaborar con este servizo impulsado e construído polo Concello

10/12/21 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social repasa coa Fundación Emaús Vigo as actividades realizadas pola entidade ao longo do 2021

A Xunta achegou no último ano 123.000 euros á institución a través da orde de axudas a entidades e da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

10/12/21 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o avance das obras do novo centro polivalente de Rodeiro

O Goberno galego financia a totalidade da actual fase dos traballos cun investimento de 200.000 euros

09/12/21 | 16:12 | C. de Política Social e Igualdade
09/12/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gratuidade das escolas infantís beneficiará a máis de 3500 nenas e nenos de Lugo dende o vindeiro curso

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que a medida suporá un investimento de máis de 3,1 millóns de euros na provincia

08/12/21 | 12:44 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social promove programas de envellecemento activo no concello de Catoira

Organizaranse actividades para a estimulación cognitiva e física dos participantes, así como obradoiros de formación, artísticos, lúdicos e de animación

07/12/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 500.000 euros programas de inclusión social nos concellos da área territorial de Vigo

Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

07/12/21 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social colabora con FAXPG en favorecer a integración e a autonomía da comunidade xorda

Achega preto de 50.000 euros á entidade para desenvolver un programa de atención personalizada

06/12/21 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social crea unha guía que permite detectar e valorar a través de criterios obxectivos posibles situacións de desprotección a menores

Valora-Galicia está dirixido aos traballadores de servizos sociais da Xunta de Galicia especializados neste eido, aos que dota dunha ferramenta para avaliar a gravidade destas situacións e as solucións máis axeitadas