Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

24/06/21 | 19:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca a oportunidade do Xacobeo 21-22 para a reactivación do turismo e a economía

O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe por videoconferencia nunha reunión da Asociación Internacional para a Cooperación Turística, na que abordou o desenvolvemento do Xacobeo 21-22 en Galicia

24/06/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño

Resalta a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo

24/06/21 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias afirma que Galicia "é líder en calidade turística e fiabilidade" grazas a medidas pioneiras como o seguro coronavirus

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o hotel balneario de Lugo, un dos establecementos lucenses distinguidos coa Q de Calidade que está adherido ao programa do Bono Turístico

24/06/21 | 10:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón acolle este sábado o IV encontro do ciclo “Xacobeo peregrinas”

Será a primeira destas xornadas multidisciplinares arredor da muller e o Camiño que contará coa presenza de público, grazas á mellora na incidencia do coronavirus

23/06/21 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto "Camiño de historias" impulsado no marco do programa “O teu Xacobeo” promociona as rutas xacobeas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na presentación da web audiovisual coa que se da a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos

23/06/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un selo garantirá aos viaxeiros que durman en algún aloxamento turístico galego que están cubertos polo seguro coronavirus

O vicepresidente primeiro recordou que se trata dunha medida pioneira que está a ser imitada noutras comunidades autónomas

23/06/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova liña de axudas de 1M€ para impulsar unha vintena de concertos no Xacobeo 21-22

Os espectáculos musicais desenvolveranse en municipios de máis de 15.000 habitantes ou de interese turístico para contribuír á reactivación da cultura

22/06/21 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita axudas para reforzar oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos no verán

O Diario Oficial publica hoxe a apertura de prazo para que os concellos e xeodestinos poidan solicitar axudas para a contratación de persoal de reforzo para os meses de xullo, agosto e setembro

20/06/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita aos madrileños a desfrutar dun destino seguro camiñando a Galicia neste verán

O vicepresidente primeiro interveu na inauguración da Semana Xacobeo 21-22, organizada polas Comunidades Galegas en Madrid

19/06/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o crecemento do Camiño Inglés que xa é a terceira opción máis elixida polos peregrinos

O delegado da Xunta participou na inauguración da cuarta edición da Primaveira no Camiño Inglés que se celebra hoxe na praza de Armas de Ferrol organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés