Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

14/03/22 | 12:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.462 casos activos por coronavirus

Un total de 497.136 pacientes xa están curados

13/03/22 | 10:47 | C. de Sanidade

A Xunta inicia dende hoxe o peche progresivo dos grandes recintos de vacinación

Agás no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que continuará a vacinar nos grandes recintos ata o 21 de marzo; desde mañá luns, a administración das vacinas levarase a cabo nos hospitais do Servizo Galego de Saúde

12/03/22 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.915 casos activos por coronavirus

Un total de 494.216 pacientes xa están curados

11/03/22 | 19:28 | C. de Sanidade

O Sergas realizará unha nova convocatoria de 1.070 prazas fixas para persoal de enfermería

A convocatoria acordouse hoxe na reunión da mesa sectorial de sanidade e será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia

11/03/22 | 15:40 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor prioriza o traballo coas asociacións para prestar un mellor servizo aos galegos

O delegado da Xunta reunise coa asociación Asdegal (Acción Solidaria de Galicia O.N.G de Voluntariado - ASDEGAL) e cos representantes da Asociación Galega de Lupus (AGAL)

11/03/22 | 11:47 | C. de Sanidade

A Xunta marca a extensión dos programas de reforma da atención primaria como principal obxectivo da sanidade pública post-pandemia

Os Acordos de Xestión do Sergas coas áreas sanitarias para este ano fixan metas de implantación para os sistemas como o XIDE ou o CRM100 e as medidas como as axendas de calidade ou os plans locais de saúde

11/03/22 | 10:23 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.441 casos activos por coronavirus

Un total de 492.980 pacientes xa están curados

10/03/22 | 12:35 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia destina 1,7 millóns de euros a equipar a fase 0 do novo CHUAC

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación dun contrato de equipamento que inclúe 35 camas para a UCI, 45 de hospitalización xeral e equipos por case 700.000 euros para a nova farmacia hospitalaria