Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

08/11/20 | 11:32

Mañá abre a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

Na provincia de Lugo a centola permanecerá en veda ata o 29 de novembro, día incluído

04/11/20 | 12:56

Galicia pon a proba os medios de loita contra a contaminación mariña cun despregue de equipamentos na ría de Pontevedra

O exercicio consistiu na simulación da perda de dous bidóns con carga química por parte dun mercante así como as actuacións correspondentes para atopalos, comprobar o seu estado e trasladalos a terra para a súa descarga e tratamento

31/10/20 | 08:44

Gardacostas requisa máis de 750 útiles de pesca, un vehículo e arredor de 570 quilos de distintas especies de peixe e marisco

A maioría dos comisos de especies rexistráronse na ría de Ferrol, na que os axentes requisaron máis de 340 quilos de peixe e marisco, mentres que a maior parte dos útiles, 586, incautáronse na ría de Vigo

29/10/20 | 19:02

Galicia volve pedir ao Estado que reverta o desmantelamento dun centro vital para o sector pesqueiro como é o Instituto Español de Oceanografía

A comunidade galega considera que a súa dilución no Consello Superior de Investigacións Científicas suporía a perda de autonomía e lastraría a súa función de asesoramento e de análise do estado das pesqueiras de interese para a frota galega e nacional

29/10/20 | 19:01

A Xunta destaca o papel clave que xogan os grupos de acción local do sector pesqueiro para acadar o relevo xeracional no mar

A Consellería do Mar lembra que os GALP teñen demostrado que son un instrumento moi útil para a creación de emprego e riqueza vencellados ao mar dun xeito sustentable e respectuoso cos recursos

28/10/20 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o novo selo de calidade Artesanía Alimentaria que porá en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional

José González definiu a norma como necesaria e útil, tanto para as artesás e artesáns como para os consumidores en xeral

27/10/20 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda en Bruxelas o acordo pesqueiro ante o final das negociacións do Brexit

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)

27/10/20 | 15:10

Galicia aposta pola internacionalización para impulsar o crecemento das pequenas e medianas empresas e seguir como referencia no eido do mar

A Xunta salienta a importancia de acompañar ás pemes no camiño da innovación e da competitividade para aumentar a súa capacidade exportadora e consolidar tanto o seu negocio como as súas vendas