Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

14/04/20 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subministrará a prezo de custo máscaras e guantes a empresas e autónomos dos sectores esenciais que así o soliciten

A Administración autonómica encargarase da subministración ante a imposibilidade de que moitas pequenas e grandes empresas poidan conseguir material de protección polos seus propios medios no mercado

14/04/20 | 12:50 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.973 casos infectados por coronavirus

Un total de 1.240 persoas xa foron dadas de alta

13/04/20 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu a nove persoas por oito accidentes de circulación durante a Semana Santa

Desde as 15,00 horas do mércores, 8 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu once chamadas por accidentes de tráfico

13/04/20 | 10:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Coruña conta desde fai uns días con dúas unidades de desinfección de vehículos

Estes equipos prestan servizo aos coches de Protección Civil e Policía Local dos concellos coruñeses, así como aos da Administración Autonómica e da Policía Autonómica

08/04/20 | 20:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Ministerio do Interior un protocolo único no caso de que se amplíe a máis poboación a recomendación do uso de máscaras

O vicepresidente da Xunta reclamou ao ministro do Interior que o Goberno central determine como sería a distribución e o acceso ao material de protección

08/04/20 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo conta dende hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinala que prestarán servizo aos coches da Administración e Policía autonómica, así como aos de Protección Civil e Policía Local dos concellos lucenses

08/04/20 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegacion Territorial da Xunta en Pontevedra conta dende hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

Prestarán servizo aos coches da Administración e Policía autonómica, así como os vehículos de 47 concellos pertencentes á esta área territorial, nos que se inclúen os de Protección Civil e Policía Local

06/04/20 | 09:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén unha persoa en Santiago polo roubo de preto de dous millóns de máscaras, entre outro material sanitario

Solicitouse a colaboración das forzas de seguridade de Portugal, porque os indicios apuntan a que o material roubado -que ascende a un valor estimado de 5 millóns de euros- foi vendido a unha empresa afincada no país veciño

04/04/20 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece o traballo e "a loita sobre o terreo" das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil durante a crise sanitaria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos representantes das catro provincias para coñecer as súas achegas e necesidades

03/04/20 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta ofrecerá atención á poboación para atender ás consecuencias psicolóxicas derivadas da emerxencia sanitaria polo coronavirus

O presidente do Goberno galego destaca que estará dispoñible as 24 horas a través do teléfono de emerxencias 112