Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

17/12/21 | 12:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala a importancia do programa 'Acceder' na inserción laboral da poboación xitana

O Goberno galego destina axudas por un valor de 173.000 á Fundación Secretariado Gitano para a posta en marcha de programas que fomenten a súa inserción

16/12/21 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o bo ritmo dos traballos de ampliación do centro de día de Cabana de Bergantiños

O Goberno galego financia máis do 60% desta actuación, á que achega 200.000 euros

15/12/21 | 17:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Goberno central as súas achegas sobre o novo procedemento para o recoñecemento da discapacidade

O Goberno galego teme que o novo mecanismo que se contempla cause que o sistema se sature e que os trámites que deben facer os cidadáns se ralenticen

15/12/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta rehabilita unha ducia de vivendas en Ferrol e Viveiro para promover a integración de familias desfavorecidas

O convenio asinado entre ambos departamentos do Goberno galego facilitará o acceso a un fogar a persoas en situación de vulnerabilidade

15/12/21 | 14:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia á Asociación Banco de Alimentos Rías Altas co galardón ‘Galicia acción voluntaria’ do ano na categoría de entidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destes premios dotados con 4000 euros e que tamén recoñecen accións individuais e proxectos

15/12/21 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha novela sobre o autismo, gañadora do I Premio Asubío pola inclusión co que colabora a Xunta

A novela ‘Palabras de pedra’, de Ginés Cruz Zamora, será publicada por Hércules Ediciones en galego e castelán o vindeiro maio

15/12/21 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza obras na escola infantil 'Casa do Mar' de Marín por un valor de 37.000 euros

Realizáronse labores de acondicionamento nos xardíns e zonas exteriores, así como no interior das aulas, e renovouse a instalación eléctrica

14/12/21 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta o carácter solidario dos galegos como unha filosofía de vida e un sinal de identidade

María Teresa Contreras cedeu a Cáritas a finca na que se construíron o centro residencial e o de día da parroquia de Cesantes

14/12/21 | 12:42 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social colabora con Unicef para estender o recoñecemento de cidades ‘Amigas da infancia’ entre os concellos de Galicia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá nas xornadas de formación que a entidade ofrece ás Administracións locais que queren obter esta distinción

13/12/21 | 13:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades de atención temperá

Increméntase un 82% o investimento na rede galega de centros destinados a previr e actuar ante calquera trastorno do desenvolvemento de nenos de ata seis anos