Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

17/03/22 | 16:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o impulso de 2 sendas metropolitanas, 3 aparcadoiros e a mellora de 96 paradas de autobús na cidade de Lugo e a súa área, cun investimento de preto de 9M€

Destaca un investimento de máis de 3 M€ para a reforma do Servizo de Medicina Nuclear do Hospital Público Lucus Augusti e constata os avances da mellora do Centro de Saúde da Milagrosa

17/03/22 | 15:27 | C. de Sanidade

A Xunta realizou melloras no centro de saúde de Rianxo cun investimento de máis de 45.000 euros

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras de mellora da climatización e de reforma dos patios interiores, entre outras actuacións

16/03/22 | 20:38 | C. de Sanidade

Galicia insiste na necesidade de adoptar medidas de xeito urxente para paliar o déficit de profesionais en medicina de familia

Esta foi a postura defendida hoxe polo conselleiro de Sanidade na reunión do pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, celebrada en Santiago, e presidida pola ministra de Sanidade

16/03/22 | 17:15 | C. de Sanidade

Sanidade recomenda non practicar actividades ao aire libre por mor das partículas de po en suspensión procedentes do Sáhara

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiocirculatorias, principalmente asma ou EPOC, as persoas anciás, nenos e mulleres embarazadas

15/03/22 | 12:53 | C. de Sanidade
15/03/22 | 10:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.483 casos activos por coronavirus

Un total de 499.030 pacientes xa están curados

14/03/22 | 13:28 | C. de Sanidade

O sistema Xide creado pola Xunta para atención primaria recibe unha alta valoración polos pacientes, que aceptan máis do 90% das propostas de cita

Desde a súa posta en marcha en novembro, leva rexistradas máis de 21.500 citas e identificados máis de 500 motivos de consulta, entre os que destacan a extracción de sangue para analíticas, o control do Sintrom ou a renovación de receitas

14/03/22 | 12:38 | C. de Sanidade

Gabriel Alén supervisa o remate das obras do centro de saúde de Vilamartín de Valdeorras nas que a Xunta investiu preto de 43.000€

O delegado territorial destacou que nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que xa se iniciou as reforma de centro de saúde de Arnoia