Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias clausura o curso escolar no CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo felicitou as direccións dos centros educativos e aos profesores polo traballo realizado este ano no que, malia pandemia, se mantiveron os estándares de calidade e a presencialidade nas aulas
Feijóo reedita o compromiso co retorno dos galegos do exterior e salienta que os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia para estudos de másters contarán cun 30% máis de prazas
Destaca que nesta quinta convocatoria cada mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másters nas tres universidades galegas, nove máis que na edición anterior
Román Rodríguez felicita á comunidade educativa polo extraordinario traballo deste curso, que garantiu a presencialidade e unha incidencia da covid menor que no conxunto da sociedade
Román Rodríguez subliña que as medidas adoptadas, os protocolos en marcha e o compromiso de profesores, equipos directivos, persoal non docente, alumnos e familias fixeron posible garantir a seguridade sanitaria e preservar a calidade académica
Luis López cualifica con "matrícula de honra" ás comunidades educativas e ás familias por celebrar un curso seguro fronte á covid-19 e cun ensino de calidade
O delegado territorial asiste á clausura do ano académico no CPI de Rodeiro xunto ao alcalde, Rubén Quintá, e destaca o esforzo de profesores, alumnos, familias e da Xunta para sacar o curso adiante conformando os centros como lugares seguros
A Xunta agradece a todo o colectivo escolar o labor exemplar desenvolvido neste ano
O delegado territorial da Xunta en Ourense saudou ao equipo directivo, ao profesorado e equipo de mantemento aos que amosou o seu recoñecemento “polo traballo absolutamente impecable para garantir a máxima seguridade sanitaria nas aulas, así como a máxima presencialidade”
Arias aplaude “o traballo impecable” dos centros educativos para lograr a máxima presencialidade e seguridade nun curso excepcional
O delegado territorial de Lugo gabou “a entrega dos equipos directivos e do profesorado, o exemplar comportamento do alumnado e a implicación das familias”
A Xunta recoñece cos premios do Super Reto Digicraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados, e Vista Hermosa, de Ourense
O alumnado e os profesores de 3º e 6º curso elaboraron murais tecnolóxicos interactivos nos que describen como consideran que debe ser o colexio do futuro
Trenor agradeceu o esforzo conxunto do profesorado, alumnos e familias para manter a presencialidade nas aulas en entornos seguros durante a pandemia
O delegado da Xunta participou no acto de clausura do curso escolar no CEIP Maciñeira de Neda
Román Rodríguez destaca o impulso definitivo á dixitalización do ensino galego que supuxo a pandemia
O titular do departamento educativo da Xunta sinala que os cambios derivados destes dous últimos cursos se van consolidar no futuro máis inmediato
Feijóo reivindica a Formación Profesional como unha opción educativa estratéxica de cara á recuperación económica
Refírese á FP como un factor fundamental de dinamización laboral cun elevado nivel de empregabilidade, superando nalgúns casos máis do 90%