Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

22/12/21 | 15:56 | A Presidencia da Xunta

A Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou internistas para facer de enlace coas residencias de maiores

Crearanse dúas figuras novas: a dun profesional de referencia para cada residente e familia e a dun xestor de casos sociosanitarios que coordine a atención social e sanitaria

21/12/21 | 18:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa nun 82% o orzamento destinado a atención temperá para mellorar o servizo e abrir novas unidades

Os fondos para o ano 2022 ascenderán a 6,2 millóns, o que permitirá chegar ás 50 unidades de atención

21/12/21 | 17:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén como obxectivo prioritario a protección dos menores en situación de risco social

O Goberno galego subvencionou este ano varios proxectos da entidade cunha achega de máis de 45.000 euros procedentes da convocatoria de axudas do IRPF

21/12/21 | 17:29 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia lidera a gran reforma da atención residencial en España, cun novo modelo ambicioso, audaz e sensato

As residencias de Galicia contarán como máximo con seis unidades de convivencia de 25 prazas como tope cada unha

21/12/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén louva o traballo altruísta dos voluntarios de Protección Civil a prol dos máis vulnerables

O delegado Gabriel Alén fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira, en colaboración con 40 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

20/12/21 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega máis de 13 toneladas de produtos agroalimentarios de Mercaproximidade ao Banco de Alimentos de Lugo

No conxunto de Galicia, a Consellería do Medio Rural fará entrega estes días de preto de 63 toneladas de produtos agroalimentarios aos diferentes bancos de alimentos

20/12/21 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade

O incremento da achega da Xunta para o financiamento do servizo de axuda no fogar ascenderá ao 24% nesta lexislatura

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se modifica o módulo de financiamento deste servizo

20/12/21 | 10:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 5,8 millóns de euros a financiar 208 programas de inclusión social de 59 concellos galegos

Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo iniciativas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar