Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Vivenda:

18/06/21 | 13:43 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que os 155 galardóns azuis acadados este ano reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable

Resalta o esforzo realizado polos municipios para acadar os estándares de esixidos e subliña que, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais

18/06/21 | 11:36

A Xunta invita á comunidade escolar da Ribeira Sacra a divulgar o valor desta xoia natural candidata a converterse en Reserva da Biosfera

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda enviou unha carta aos 44 colexios localizados nos 23 concellos que conforman a candidatura

18/06/21 | 10:17

Galicia alega contra a orde de inclusión do lobo no Lesrpe para denunciar “a tripla mentira do Goberno central” para xustificar esta decisión

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda enviou hoxe as alegacións fronte a orde ministerial, co fin de esgotar a vía administrativa e evitar recorrer á última posibilidade, a xudicial

17/06/21 | 15:54

A Xunta estudará declarar a emerxencia cinexética temporal nalgunhas zonas de Galicia para facer fronte aos danos do xabaril

A aplicación desta medida durante a tempada 2019-2020 en 33 concellos de catro comarcas logrou reducir nelas os avisos relacionados con estes animais en case un 30%

17/06/21 | 12:12

A Xunta aproba o proxecto sectorial do ámbito do futuro Campus do Mar de Vigo que acollerá o Instituto de Investigacións Mariñas

Trátase dunha zona de máis de 16.000 m2, localizada na antiga ETEA, na que se implantará un novo complexo altamente especializado promovido polo CSIC e chamado a ser un referente internacional

16/06/21 | 12:37

A Xunta apoia a candidatura a Xeoparque de Cabo Ortegal no Comité Español que avalía as propostas

A Consellería de Medio Ambiente subliña a riqueza xeolóxica desta zona como punto forte da iniciativa impulsada polos sete concellos que conforman a comarca de Ortegal

16/06/21 | 11:20

A cuarta campaña de voluntariado de WWF no parque das Illas Atlánticas comeza mañá para obter datos sobre o medio mariño e as aves mergulladoras

Ata o vindeiro mes de setembro organizaranse catro quendas de traballo de 13 días de duración e cada equipo estará integrado por catro voluntarios e mais os monitores

15/06/21 | 13:39 | C. de Sanidade

A Xunta recorda a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol coa chegada do verán

Ángeles Vázquez salienta que Galicia é unha das comunidades nas que a radiación solar se monitoriza de xeito completo