Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

21/03/22 | 10:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 20.225 casos activos por coronavirus

Un total de 509.568 pacientes xa están curados

21/03/22 | 09:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 18 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 20 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico

19/03/22 | 12:29 | C. de Sanidade

Sanidade celebra a I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos

Profesionais de prestixio internacional no eido da atención ás adicións xuntáronse en Santiago no primeiro encontro destas características en Galicia

19/03/22 | 10:35 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 21.369 casos activos por coronavirus

Un total de 505.560 pacientes xa están curados

18/03/22 | 19:41 | C. de Sanidade

O Sergas presenta aos sindicatos os principais puntos do futuro Plan de ordenación de recursos humanos de atención primaria

Achegáronse datos de poboación atendida e ratios de paciente/profesionais, a partir das tarxetas sanitarias adscritas. Así por exemplo, en médico de familia a media é de 1.251 pacientes asignados por profesional, sendo de 845 en pediatras e de 1.409 en enfermería, unhas cifras que melloran a media do Sistema Nacional de Saúde

18/03/22 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avalía a creación de comisións provinciais de benestar e convivencia

Trátase de abordar, dun xeito integral, transversal e coordinado, respostas áxiles e eficaces ante situación complexas desde o punto de vista emocional que exceden a capacidade dos centros educativos

18/03/22 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

O subcomité clínico adoptou esta decisión logo de avaliar a situación epidemiolóxica e atendendo a grande porcentaxe de poboación pediátrica vacinada, cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde

18/03/22 | 11:24 | C. de Sanidade

A folga do transporte reduce até nun 50% a entrega de material sanitario na Plataforma Loxística do Sergas

O paro do sector loxístico está a provocar unha redución de entre o 40 e o 50% nas entregas de material sanitario, respecto dos días de actividade normal

18/03/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 20.984 casos activos por coronavirus

Un total de 503.829 pacientes xa están curados