Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima os veciños de Monterrei a involucrarse no proxecto de creación dun polígono agroforestal orientado a viñedo de máis de 22 hectáreas
José González indicou que o polígono estaría orientado preferentemente cara a produción de viñedo, facilitando superficie para a denominación de orixe Monterrei
A Xunta destaca que o Leader permitiu consolidar case 2.300 empregos e crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020
O representante galego puxo en valor que esta medida consagrouse, despois de tres décadas, como unha ferramenta indispensable para dinamizar o tecido socioeconómico das áreas rurais, tamén en Galicia
A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura dous focos positivos por SARS-Cov-2 en dúas granxas de visóns de Abegondo
A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España
A Xunta constata o éxito da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro mediante o asentamento do seu parasito nos soutos galegos
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, sinalou que os últimos datos confirman un crecemento exponencial da súa presenza en Galicia
A Xunta acomete a mellora viaria de Vistuíde, no Concello de Rodeiro, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais cun investimento de 36.000€
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, supervisan esta actuación, que permitiu renovar o firme de varias pistas deste lugar da parroquia de Az
A Xunta simplifica a declaración de colleita de uva dos viticultores galegos acollidos a Denominacións de Orixe
Tras a publicación hoxe no DOG da orde que modifica o decreto que regula o potencial de produción vitícola de Galicia, xa non terán que acudir ás oficinas agrarias comarcais senón que poderán facer o trámite telemático a través dos consellos reguladores
A Xunta promociona os produtos agroalimentarios de calidade no marco da segunda proba do Circuito de Golf TUR 43 – España Verde que terá lugar na Coruña
A Agacal celebrou esta tarde unha nova degustación con produtos premiados nas diferentes catas que organiza a Consellería do Medio Rural, tanto a de viños, augardentes e licores como a de queixos e meles
A Xunta informa aos veciños de Ames das vantaxes de implementar unha aldea modelo na parroquia de Agrón ao abeiro da Lei de recuperación da terra
Segundo a solicitude do Concello, a aldea modelo de Ferreiros abranguería unha superficie de 10 hectáreas distribuídas en 128 parcelas de 52 propietarios
A Xunta traballa da man de gandeiros, industrias, cadeas de distribución ou organizacións agrarias para deseñar e impulsar o futuro do sector cárnico galego
José González explicou que a Estratexia persegue promover unha produción sustentable nas explotacións con orientación cárnica, así como fomentar o consumo dos distintos tipos de carne e incentivar a formación e a investigación neste eido
A Xunta pon en valor os seus logros na negociación da futura PAC e advirte que seguirá firme na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos
Salientou fitos como o compromiso do Ministerio de regularizar a superficie galega con dereitos de axuda ou o aumento nas axudas asociadas ao vacún de leite