Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

13/05/22 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Castro de Viladonga celebra en maio as Letras Galegas e o Día dos Museos con actividades para todos os públicos

Haberá concertos, xogos tradicionais e outras propostas no xacemento e o espazo museístico da Xunta os días 17, 18 e 21, con entrada libre ata completar a cabida

13/05/22 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas e música

A Xunta desenvolve a programación do mércores 18 ao domingo 22 con entrada libre ata completar cabida, agás no caso dos obradoiros familiares, que requiren inscrición previa

12/05/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa na XVIII edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e os audiovisuais REC.curta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, intervén na entrega destes galardóns que promoven a lectura en lingua galega e o seu uso no ámbito audiovisual entre os escolares

12/05/22 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á organización da Mostra (S8) na Coruña como cita de referencia do cine experimental

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da 13ª edición do certame, que do 27 de maio ao 5 de xuño proxectará 138 pezas, ademais de organizar live performances, talleres, encontros profesionais ou actividades en centros de ensino

12/05/22 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta a contribución da investigación académica para reforzar e poñer en valor o traballo das bandas de música galegas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración do III Congreso Internacional de Bandas de Música, que se celebra no Conservatorio Superior de Música de Vigo co apoio da Xunta

12/05/22 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia celebra as Letras Galegas mostrando primeiras edicións da obra de Florencio Delgado Gurriarán

A exposición da Xunta dedicada ao autor de Valdeorras conta con arredor de 40 pezas, entre libros, xornais, CD´s ou revistas, dos fondos custodiados no Gaiás

11/05/22 | 18:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O espectáculo musical de Roi Casal ‘Son galego, son cubano’ en homenaxe a Xosé Neira Vilas chega o venres a Rodeiro co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do concerto, que pon de manifesto a histórica relación entre Galicia e Cuba con letras do escritor de Vila de Cruces

11/05/22 | 16:29

A Xunta pon en valor a historia e o patrimonio da Illa de Ons tras o descubrimento de achádegos da época romana cun proxecto arqueolóxico

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, e do investigador Adolfo Fernández, presentou os resultados do proxecto de investigación arqueolóxica

11/05/22 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta homenaxea a Camilo José Cela no 106 aniversario do seu nacemento

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nunha ofrenda floral en Padrón e na lectura pública da obra ‘A Rosa’, unha iniciativa promovida polo alumnado de distintos centros de ensino na honra do escritor padronés