Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

30/12/21 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza obras de mellora e renovación de equipamento no CAPD da Coruña por un valor de preto de 500.000 euros neste ano 2021

Entre as actuacións atópase a creación dun arquivo e melloras na cociña do centro, entre outras

28/12/21 | 18:04 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor o traballo de Autismo Vigo na posta en marcha de recursos residenciais e de autonomía persoal

O Goberno galego financia o funcionamento de 12 prazas residenciais neste centro para o que destina un orzamento de 260.000 euros anuais

28/12/21 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ingresa antes de que remate o ano o complemento extraordinario a preto de 36.000 perceptores das pensións non contributivas

O Goberno galego investiu preto de 7 millóns e medio de euros nesta axuda, que beneficia a un colectivo que o necesita moi especialmente.

28/12/21 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta en Ourense louva o compromiso da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense no coidado das persoas que padecen esta enfermidade

Gabriel Alén lembrou que AFAOR é unha das 6 asociacións beneficiadas polos programas integrados e emprego da provincia aos que a Xunta vai destinar 1.327.391 euros para formar a 600 alumnos

27/12/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 54 programas de inclusión social en 13 concellos de Lugo, cun investimento de case 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o obxectivo é posibilitar iniciativas locais de formación básica ou laboral, actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

27/12/21 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo asegura que a Axenda Social Única 2024 'marca o camiño a seguir para a Galicia unida, responsable e comprometida dos próximos anos'

Destaca que o 96% dos propósitos recollidos na impulsada no ano 2016 xa se cumpriron, como o programa de Vivendas Baleiras, o Bono de alugueiro social ou o programa de mediación contra desafiuzamentos

24/12/21 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o programa Xuntos polo Nadal permite manter o espírito do Nadal aos maiores que viven sos con todas as medidas de seguridade

Os participantes realizaron unha proba PCR antes da súa entrada ao centro e establecéronse dúas quendas para evitar aglomeracións

23/12/21 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por iniciativas transversais de concienciación para previr o mal uso de internet nos nenos e adolescentes

Desde o ámbito social ten en marcha o servizo Quérote+ que ofrece charlas e obradoiros sobre o uso responsable das novas tecnoloxías e impulsa unha guía coa Fundación Ingada dirixida a rapaces con TDAH

22/12/21 | 18:12 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita aos traballadores e usuarios da residencia das gándaras polo seu 40 aniversario

A Xunta de Galicia ten proxectada unha reforma integral no centro para optimizar equipamento e adecuala ás bases do novo modelo de residencias