Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

30/11/20 | 19:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A iniciativa ‘Mar de cultura’ da Xunta encherá Vigo de música durante esta semana desde o Museo do Mar de Galicia

A Consellería de Cultura presenta un novo festival de música 100 % galega no que se darán cita oito dos artistas e formacións máis coñecidos do país

24/11/20 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación conmemorativa do 25N arranca no museo do Mar de Galicia

Valentín García e Marta Fernández-Tapias presentaron hoxe as propostas culturais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que chegan a Vigo arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

24/11/20 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acondiciona o miradoiro do Pino Manso de Pontecesures como zona de descanso e lecer para os peregrinos do Camiño Portugués

Luisa Piñeiro supervisa esta actuación, orzamentada en 42.000€ e cofinanciada co Programa de Embelecemento do Camiño, co alcalde Juan Manuel Vidal

21/11/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o prazo para usar o bono turístico ata maio de 2021 e renovará a iniciativa o próximo ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe esta ampliación en Pontevedra, xunto co Clúster Turismo de Galicia, co que colabora nesta iniciativa

16/11/20 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O grupo de traballo dos Camiños de Santiago avanza na coordinación entre a Xunta e o Goberno central de cara ao Ano Santo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, na reunión deste grupo co obxectivo de seguir a traballar “no mellor dos Xacobeos posibles” pese a crise sanitaria da covid-19

15/11/20 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras para a promoción internacional do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, sinala a importancia deste evento deportivo para dar a coñecer noutros países o patrimonio natural de Galicia e as rutas xacobeas no Ano Santo

10/11/20 | 18:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha web sobre a importancia patrimonial e etnográfica das campás na contorna dos Camiños Francés e Primitivo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego resolverá proximamente a segunda edición do programa O teu Xacobeo, con novas propostas culturais, artísticas, deportivas ou sociais

04/11/20 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un camiño seguro para reactivar a peregrinación de cara ao Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o xerente do Sergas, José Flores, participaron hoxe na presentación do plan para os corredores peonís seguros nos 11 concellos galegos polos que pasa o Camiño Francés