Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

16/12/20 | 19:05

A Xunta salienta a importancia de dar a coñecer a contribución das máis de 20.000 mulleres galegas da cadea mar-industria ao desenvolvemento do sector

A Consellería do Mar agradece o labor realizado por entidades como os grupos de acción local do sector pesqueiro para dar a coñecer os avances acadados en materia de igualdade e analizar e buscar solucións aos retos de futuro do sector

16/12/20 | 13:11

Galicia ve escasos os avances na negociación das cotas de pesca do ano que vén e traballa con intensidade na defensa dos intereses da súa frota

A comunidade galega considera insuficiente a primeira proposta da Presidencia da Unión Europea pois só suaviza os recortes en catro das catorce especies de interese que partían con cotas á baixa

15/12/20 | 12:33

A Xunta lamenta que o Estado non desenvolvese un protocolo para os casos de covid-19 a bordo dos buques como pedía Galicia

O Executivo galego lembra que solicitou en varias ocasións o deseño desta ferramenta para mellorar a coordinación entre os distintos organismos implicados na loita contra a pandemia e que adoptou medidas pola súa conta para facer fronte á ausencia dunhas normas de actuación comúns

13/12/20 | 09:07

Galicia traballará en Bruxelas para contrarrestar a proposta de redución de cotas en 2021 e pedirá que se teñan en conta os aspectos socieconómicos

A comunidade galega acompañará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en representación das autonomías españolas ao Consello de Ministros de Pesca da UE da próxima semana no que se fixarán as posibilidades de captura do ano que vén

11/12/20 | 14:40

O arrastre de litoral sufriría o 64% da caída de ingresos da frota galega polo recorte de cotas proposto por Bruxelas no Cantábrico-Noroeste para 2021

Un informe do Executivo galego mostra que as reducións das posibilidades de captura defendidas por Bruxelas para especies como a pescada, o peixe sapo ou o rapante poden ter un impacto potencial na facturación deste segmento de buques de 8 millóns de euros, arredor de 150.000 euros ao ano por embarcación

10/12/20 | 17:35

Medio Ambiente abre o prazo de solicitudes para poder pescar lamprea nas augas do río Tea durante a próxima tempada

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se regula a práctica da pesca desta especie e se establece para o 15 de xaneiro a celebración do sorteo para a adxudicación dos postos de pesca para a colocación das estacadas

10/12/20 | 16:24

A Xunta continúa a súa aposta pola mellora da produción na ría de Ferrol con 1,5 millóns de euros para o 2021

O Executivo galego vén traballando neste cometido desde 2009 con accións como obras de saneamento que permitiron mellorar a clasificación microbiolóxica de catro das nove zonas marisqueiras ou a implantación do sistema de bateas de reinstalación

10/12/20 | 13:36

A Xunta reforzará a aposta pola remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro para garantir a súa competitividade

A titular de Mar explicou que o seu departamento reforzará a súa aposta pola xente do mar e pola cogobernanza co sector para manter a súa fortaleza e a xeración de emprego e riqueza nas zonas costeiras

10/12/20 | 11:27

Medio Ambiente abre mañá o prazo de solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se regula esta práctica e se fixan os trámites, requisitos e condicións que deben cumprir os pescadores interesados

09/12/20 | 18:23

Galicia cifra en preto de 30 millóns de euros o impacto que tería no conxunto da economía galega o recorte de cotas de pesca proposto por Bruxelas para o Cantábrico-Noroeste no 2021

Un informe da Xunta mostra que as reducións propostas, que exclúen aos caladoiros do Gran Sol e Francia á espera das negociacións sobre o brexit, suporían unha perda potencial de 12,5 millóns de euros na primeira venda de produtos do mar e afectarían a máis de 2.300 tripulantes das diferentes frotas