Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Novas tecnoloxías:

23/03/22 | 14:01 | C. de Sanidade

A Xunta construirá en Boborás un novo centro de saúde que aumentará en case un 40% a superficie do actual

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron o convenio para edificar este novo centro nunha parcela cedida polo concello

23/03/22 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 21.256 casos activos por coronavirus

Un total de 513.064 pacientes xa están curados

22/03/22 | 19:36 | C. de Sanidade

A Xunta iniciará de inmediato a actividade da nova unidade de saúde mental de Ponteareas

Comezará a funcionar en quenda de tarde mentres a área sanitaria executa unha reforma no andar -1 do actual centro de saúde para acollela

22/03/22 | 19:21 | C. de Sanidade

Galicia avanza na extensión da oitava área sanitaria coa dotación da infraestrutura tecnolóxica en atención primaria e hospitalaria

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destaca a implantación da historia clínica electrónica intelixente, a plataforma tecnolóxica para desburocratizar a actividade asistencial e a rede de centros de saúde intelixentes como proxectos prioritarios na transformación dixital da atención primaria

22/03/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Gabriel Alén visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Maside que contaron cun investimento de máis de 48.000 €

O delegado territorial puxo en valor este investimento para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde para facilitar o seu uso por parte dos veciños

22/03/22 | 11:14 | C. de Sanidade
22/03/22 | 10:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 20.663 casos activos por coronavirus

Un total de 511.414 pacientes xa están curados

21/03/22 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
21/03/22 | 12:55 | C. de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra e o Salnés pecha os puntos de vacinación masiva coa administración de 728.743 doses, polo que o 93,73% da poboación xa está protexida fronte á covid-19

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, asistiron ao peche do punto de vacinación na sala de exposicións do edificio administrativo de Campolongo

21/03/22 | 11:01 | C. de Sanidade

A Xunta da un paso máis na reforma do centro de saúde da Milagrosa

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a xestión das actuacións para a redacción do proxecto e a execución das obras de reforma deste centro lugués