Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

24/06/21 | 10:46

A Xunta traslada á Fegamp que o 98% dos concellos galegos quedarán fóra dos fondos estatais para as actuacións de renaturalización e resiliencia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informa que, segundo o criterio de reparto que fixa o Goberno central, os beneficiarios desta liña de incentivos son só as cidades de máis de 50.000 habitantes

23/06/21 | 17:07

Ángeles Vázquez subliña que Sogama é a planta máis eficiente de Europa con capacidade para tratar ata 3 millóns de quilos de residuos ao día

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que esta planta de valorización conta con tecnoloxía de vangarda e de última xeración coas que manter todas as súas emisións por debaixo dos límites

23/06/21 | 13:29

A Xunta de Galicia ponse o obxectivo de ser unha administración neutra en carbono antes de 2040

A conselleira de Medio Ambiente destaca que só planificando e aplicando as accións de xeito conxunto, a Administración autonómica pode converterse nun modelo exemplar para acadar a descarbonización

23/06/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima ás asociacións para a protección dos animais de compañía a solicitar a nova orde de axudas de 210.000€ para sufragar os seus gastos

O delegado da Xunta participou esta mañá nunha reunión de traballo cos representantes destas entidades para informar desta nova convocatoria

22/06/21 | 14:21

A Xunta defende a correcta xestión dos residuos como unha forma eficaz de crear “riqueza e emprego”

O responsable de Sogama considera que a pandemia da covid puxo a proba este servizo, constatando o seu carácter básico e esencial

21/06/21 | 21:31

A Xunta inclúe 1 millón de metros cadrados da Plisan na modificación do plan sectorial de áreas empresariais de Galicia

Esta medida foi ratificada polo Goberno galego, a Autoridade Portuaria de Vigo e Zona Franca, socios que integran a Plataforma, co obxectivo de aumentar a oferta de solo empresarial no sur de Galicia e facilitar así a implantación de firmas que demandan importantes bolsas de terreo

19/06/21 | 11:45

Os 700 voluntarios da campaña ‘1m2 contra a basuraleza’ recolleron case 7 toneladas de lixo en 65 espazos naturais galegos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estivo representada na quinta edición desta gran recollida colaborativa anual de residuos, celebrada o pasado sábado 12 de xuño

19/06/21 | 11:40

A Xunta aclara aos concellos que a Lei do solo prima a recuperación das edificacións tradicionais e a súa posta en valor

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada dous informes ás administracións locais para resolver as dúbidas sobre a aplicación do artigo 40, relativo ás edificacións existentes en calquera categoría de solo

18/06/21 | 14:37

Medio Ambiente adxudica por case 107.000 euros a obra de humanización e mellora do espazo público do Tameirón na Gudiña

Cun prazo de execución previsto de tres meses, os traballos centraranse na mellora das infraestruturas básicas deste núcleo, para ampliar e arranxar as redes de abastecemento e saneamento