Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

12/07/20 | 13:39 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

Segundo as últimas medicións con GPS, afectou unha superficie de 47,29 hectáreas, a maior parte de monte arborado

10/07/20 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realizará test de detección da covid-19 a todos os efectivos da Policía Autonómica

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asinaron esta mañá o protocolo de actuación para o control da covid-19 no persoal da Policía Autonómica

06/07/20 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Deputación de Pontevedra crean a comisión para avaliar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión para constituír esta comisión de estudo técnico-xurídica que se encargará de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo

03/07/20 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega catro drons ás brigadas de investigación de incendios forestais para localizar incendiarios e mellorar a detección e a extinción de lumes

A Xunta contará este ano na tempada de alto risco de incendios con 10 drons máis, que se sumarán aos 2 do ano anterior, para vixiar desde o ceo posibles accións delituosas que poidan supoñer risco de incendio forestal

27/06/20 | 11:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 308 casos activos por coronavirus

Un total de 10.606 pacientes xa están curados

23/06/20 | 13:25 | C. de Sanidade

Sanidade actualiza o Plan de detección, control e vixilancia ante posibles brotes da covid-19 logo da reunión de onte da comisión de xestión da crise sanitaria

O documento ten como obxectivo establecer o marco de actuación para a toma de decisións e definir as medidas a levar a cabo tanto en vixilancia como en materia de prevención e control dos casos

17/06/20 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza en Pontevedra a coordinación policial para a vixilancia, difusión e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

As delegadas territoriais en funcións da Xunta en Pontevedra e Vigo, Ana Ortiz e Marta Iglesias, presidiron a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios

15/06/20 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen catro incendios nos concellos de Rianxo, Lalín, Ribeira e Mesía

Os catro lumes foron provocados por non ter en conta as medidas de seguridade esixidas nas queimas de restos agrícolas e forestais

12/06/20 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no Concello de Pontevedra

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

08/06/20 | 09:52 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 49 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 43 chamadas por accidentes de tráfico