Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

27/05/20 | 20:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa participa no encontro da UFEDEGA con Alejandro Blanco e sitúa ao deporte como unha ferramenta para vencer “as ameazas que nos axexan”

O ‘Encontro entre a UFEDEGA e o presidente do Comité Olímpico Español’ enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e UFEDEGA para o desenvolvemento de actuacións de formación, asesoramento e apoio ás federacións deportivas galegas

27/05/20 | 13:32

Medio Ambiente traslada a súa colaboración coa organización da proba 'Tripla Coroa Illas Atlánticas' que se apraza a setembro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo esta mañá unha reunión coa directora deste encontro deportivo, que trasladou a decisión da organización de non celebrar a última travesía da proba, prevista para o día 5 de setembro deste ano

23/05/20 | 19:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e as federacións náuticas traballan nun protocolo marco para todos os deportes de auga que "en breve, poderán desenvolver a súa actividade"

Nesta semana producíronse reunións coas federacións deportivas galegas de motociclismo, motonáutica, xadrez, tiro con arco, tiro olímpico, tenis de mesa, pádel, tenis, kung fu e kickboxing, ademais dunha xuntanza global con todas as federacións náuticas

22/05/20 | 18:06 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta xa traballa coas federacións na identificación de situacións de contaxio da covid-19 no deporte galego

En palabras do secretario xeral, “hoxe comezamos unha tarefa moi importante, moi útil e moi produtiva” para que o deporte galego comece a súa reactivación

21/05/20 | 16:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta aposta pola “colaboración e a formación” na saída da crise e asina un convenio para dotar ás Federacións de formación e asesoramento

O convenio asinado entre as dúas entidades centrarase no desenvolvemento dunha política activa de protección da saúde do deportista

16/05/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva

O Goberno galego entende que, xa na fase I, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades sociais

16/05/20 | 13:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Plan de Patrocinio dos Equipos Galegos de Alta Competición bota andar convidando na súa primeira fase a un centenar de equipos con maioría feminina

O orzamento desta primeira fase será de máis de 2 millóns de euros mentres que a segunda fase, que comezará nos vindeiros meses, convidaranse a outros 113 equipos galegos

15/05/20 | 19:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta ás 58 federacións a ferramenta de identificación de situacións de contaxio como a “pedra angular” do Plan de Reactivación do Deporte Galego

Os obxectivos da nova ferramenta serán a identificación de situacións de contaxio, a análise das posibilidades de tratamento das diferentes situacións, a proposta de medidas que formen parte dun protocolo, a comunicación para que as autoridades poidan adoptar medidas para reducir as situacións de contaxio e o traballo de todo o sector para responder máis rapidamente antes novos brotes