Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

11/01/22 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nacidos no 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida

Desde que se puxo en marcha no 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros

10/01/22 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Xunta achegará o Xantar na Casa a preto de 2.000 fogares de persoas maiores ao longo deste ano

Avanza que entre as novidades do programa o persoal reportará aos servizos sociais calquera anomalía que detecte nos fogares co fin de reforzar a prevención da soidade non desexada

08/01/22 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor asiste á xornada de portas abertas do novo Espazo Amizar que abrirá a mediados de xaneiro

Os coruñeses poden participar este sábado e mañá domingo nestas visitas guiadas con acceso libre presentándose na porta principal do edificio

07/01/22 | 14:02 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social ampliará en 30 as prazas da residencia para maiores dependentes do Carballiño, que pasará a atender a 80 usuarios

O centro ourensán ofrece a día de hoxe un total de 50 prazas, que se incrementarán a través do novo contrato de xestión das instalacións, que entrará en vigor o 1 de abril

04/01/22 | 14:02 | C. de Política Social e Igualdade

Xunta e Concello melloran as instalacións da escola infantil de Vilaboa tras un investimento de máis de 20.000 euros

Actuouse tanto no interior como no exterior do inmoble, coa substitución do valado e da porta de entrada á aula de 1-2 anos, así como a renovación das zonas de xogo

04/01/22 | 11:38 | C. de Política Social e Igualdade

Avanzan a bo ritmo as obras da Casa do Maior que abrirán co respaldo da Xunta na antiga biblioteca de Baralla

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, destaca que a Consellería de Política Social aprobou axudas por valor de 148.000 euros para poñer en marcha neste municipio dous centros que ofrecerán un servizo gratuíto a persoas maiores de 60 anos

03/01/22 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia aposta por un programa de lecer seguro e activo para os maiores a través de Xuntos polo Nadal

Os asistentes realizaron unha proba PCR antes da súa entrada ao centro e establecéronse dúas quendas para evitar aglomeracións

02/01/22 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 90.000 euros a catro entidades sociais para apoialas na atención de persoas beneficiarias de proteccción internacional

O Goberno galego asinou senllos convenios con Provivienda, Diaconía, Diversidades e Movemento pola Paz, o Desarme e a Liberdade (MDPL) para colaborar na atención a refuxiados