Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/10/21 | 16:51 | C. do Medio Rural

A Xunta destina catro millóns de euros na construcción de 42 novos pozos para mellorar os regadíos da Limia

As comunidades de regantes beneficiarias destas obras son a de San Salvador de Sabucedo, Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia

11/10/21 | 14:25 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda vías de colaboración coa Asociación Italiana de Agricultura Ecolóxica para impulsar estas producións

José Luis Cabarcos e os representantes transalpinos abordaron, entre outras cuestións, a posible cooperación en materias como a protección e promoción das variedades autóctonas, as canles curtas de comercialización ou a formación agraria

11/10/21 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia avanzan no deseño e aplicación do Leader 23-27

Os representantes destes grupos debateron tamén a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local

10/10/21 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén no CFEA de Sergude un seminario sobre a instalación de miniplantas de biogás nas explotacións galegas

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a acción está prevista o xoves 14 de outubro, de 10,00 a 14,00 horas

07/10/21 | 22:23 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 0,18 hectáreas de monte raso

06/10/21 | 11:46 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá formación sobre o novo regulamento relacionado coa produción ecolóxica nos sectores porcino e ovino-cabrún

As iniciativas están programadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural

05/10/21 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza a calidade das froitas e hortalizas galegas e dos seus produtos derivados na feira Fruit Attraction que se celebra en Madrid

No posto despregado pola Consellería do Medio Rural -que foi visitado polo ministro de Agricultura- estiveron presentes tres empresas galegas, así como as IXP Pataca de Galicia e Castaña de Galicia e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

En Fruit Attraction 2021 están a participar un total de 2.000 empresas procedentes de 140 países e pertencentes a 18 sectores diferentes

05/10/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

Un total de 24 beneficiarios recibirán preto de 1,3 M€ da Xunta para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

Grazas a estas achegas, tanto as asociacións como os particulares poderán facer fronte ás agresións e enfermidades das colmeas e desenvolver outras actuacións de mellora da produción

04/10/21 | 14:40 | C. do Medio Rural

Os 5.000 viticultores da Denominación de Orixe Rías Baixas probarán de xeito piloto as facilidades impulsadas pola Xunta para declarar a colleita de uva

No marco do acordo asinado hoxe coa Consellería do Medio Rural, a DO Rías Baixas testará o software que facilita esta tramitación da colleita