Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Xacobeo:

23/07/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto dunha firma lucense que incorporará a ‘street view’ unha representación virtual do Camiño Francés

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Palas de Rei na presentación da iniciativa ‘Camiño Visor’, que percorre a pé a ruta entre Pedrafita e Santiago capturando imaxes panorámicas en 3D que despois difundirá a nivel global

21/07/21 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia do futuro centro de fabricación avanzada Galicia TurisTic como polo tecnolóxico que axude a impulsar a dixitalización do sector turístico

Conde asegurou que o proxecto vai fomentar a creación de produtos, servizos e empresas de base tecnolóxica, conxugando innovación, emprendemento e formación

21/07/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o Plan Galicia destino seguro 2021-2023 que mobilizará preto de 950 millóns para impulsar a recuperación dun sector centrado na calidade, a innovación e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asegura que se trata da folla de ruta para “entre todos, seguir construíndo o futuro do turismo”

20/07/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2,5 M€ para contribuír á modernización e mellora dos hoteis e restaurantes de máis de 25 empregados

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do sector hoteleiro, onde lles avanzou esta nova liña de axudas

19/07/21 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

As Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño exploran sinerxías para a promoción conxunta das Rutas Xacobeas e dos seus atractivos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu no Hostal dos Reis Católicos aos representantes de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Cataluña para manter un encontro no que sentar as bases das accións coordinadas que se poden poñer en marcha no marco do dobre Ano Santo

17/07/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima a viaxar a Galicia polo Camiño portugués como garante de itinerario seguro

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na presentación do Camiño de Santiago-Camiño de Torres organizada pola CIM Alto Minho

16/07/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa un programa de desestacionalización do turismo termal da man de balnearios de Galicia

“Verán Termal” foi presentado esta mañá da man da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño

15/07/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Goberno galego puxo xa a disposición do sector turístico galego liñas de axudas por valor de 30 millóns de euros durante o 2021

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, precisou que case o 90% destináronse a unha ducia de liñas xa implantadas, como a Tarxeta Turística, axudas para dixitalización ou para reactivar sectores específicamente afectados

15/07/21 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña en Vigo aos participantes do Camiño Verde, a proposta de Asdegal no marco do programa de “O Teu Xacobeo”

A delegada territorial en Vigo subliña a aposta da Xunta por fomentar e potenciar a inclusión en materia turística e por un Camiño de Santiago accesible e seguro

14/07/21 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta rexeita os ataques ao Xacobeo e avoga por evitar a turismofobia e escoitar ao sector

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, chamou a atención no Parlamento de Galicia sobre o desacerto de campañas que poden prexudicar gravemente á hostalería e ao turismo e manchar o prestixio da marca Galicia