Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

31/05/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 705.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal de Coirós

Executaranse 16 novos tramos de colectores e unha estación de bombeo para sanear os núcleos de Agra-Figueiras, en Santa Mariña de Lesa, e de Colantres e Queirís, conectando estas novas redes de saneamento coas xa existentes

31/05/22 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa coa entrega de novas marquesiñas de trasporte público a sete concellos da provincia de Ourense

Instalaranse trece unidades nos concellos de Bande, Maceda, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, Punxín, Sandiás e Verea

31/05/22 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta investirá 500.000 € na construción dunha nova senda entre O Peteiro e O Baño, que estará á disposición dos veciños e visitantes de Mugardos no verán do vindeiro ano

Vázquez Mourelle detalla que o proxecto estará en información pública ata o 12 de xullo e que as obras se licitarán en outono para comezalas a inicios do próximo ano

31/05/22 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme da estrada AC-550 entre os núcleos de Brens e a Ameixenda, no concello de Cee

As obras, adxudicadas por máis de 48.000, comezarán nas vindeiras semanas

30/05/22 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na AC-444, na zona do Seilán, no concello da Baña

Este contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 8 meses

30/05/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción da 2ª fase do acondicionamento da estrada AC-862, desde o Campo do Hospital ata a Ponte Mera, en Ortigueira

Actuarase en preto de 3 km desta vía autonómica para a mellora da seguridade viaria do tráfico rodado e dos demais usuarios da estrada, coa rectificación de 13 curvas de radio reducido, cunetas de seguridade e carrís lentos de adiantamento

30/05/22 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Tomiño o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora do municipio, destinando un investimento de máis de 400.000 €

A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento da depuradora, tras destinar desde 2005 case 3,2 M€ á xestión desta planta de tratamento de augas residuais

29/05/22 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/05/22 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Anllóns no concello de Cabana de Bergantiños

Estas tarefas desenvólvense nun treito de 720 metros do río, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto

28/05/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co concello de Friol para dotar de servizo de abastecemento a parroquia de Seixón

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle este compromiso ao alcalde de Friol, José Ángel Santos, nun encontro de traballo