Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/09/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a candidatura de Cafés Candelas aos fondos europeos para ampliar a súa capacidade produtiva e adaptar as súas instalacións en Lugo ás novas tecnoloxías

O proxecto, que prevé un investimento de 10M€ e a creación de 40 empregos, inclúe a creación dunha nova planta no parque empresarial das Gándaras que lle permita incorporar un laboratorio de aromas e un centro de I+D+i, así como un Centro de Excelencia do Café

23/09/21 | 15:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a ampliación da conserveira Ignacio González Montes de Ribeira, o que reduce á metade o prazo de tramitacion do proxecto

A empresa prevé investir 9,5 millóns de euros e crear 35 postos de traballo, o 90% deles para mulleres da comarca do Barbanza

22/09/21 | 19:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a necesidade de promover o uso da madeira na construción para dar impulso á bioeconomía

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, participou hoxe en Madrid no ‘Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada y Construcción 4.0’ enmarcado no Rebuild2021

22/09/21 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno a importancia de que incorpore o proxecto AutoAncora na asignación dos fondos europeos a través do Perte da automoción

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na presentación do Perte en Vigo, onde avogou pola colaboración entre administracións

21/09/21 | 14:30 | C. de Economía e Industria

O proxecto 'Nanoeaters' finaliza mañá coa presentación das solucións nanotecnolóxicas desenvoltas para atender as necesidades das empresas da Eurorrexión

Na iniciativa, coordinada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), participaron sete centros tecnolóxicos e universidades de Galicia e Norte de Portugal

19/09/21 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberta a convocatoria para fomentar as exportacións de grandes empresas

Este programa, ao igual que as axudas dirixidas directamente a pequenas e medianas empresas, adáptase ao actual contexto provocado pola covid-19, facilitando a súa asistencia a eventos de promoción tanto en formato presencial como noutros alternativos, como o dixital, con especial relevancia nesta convocatoria

19/09/21 | 11:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o programa ‘Diferenza’ co ánimo de impulsar a colaboración en deseño sustentable co norte de Portugal

A iniciativa é unha aposta da Xunta de Galicia ata 2024 para impulsar a transformación social e económica a través dos procesos creativos como pancas de innovación e competitividade

18/09/21 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca as oportunidades mutuas de Galicia e Colombia en sectores como o pesqueiro, o naval, o contract, o TIC e o forestal

Agradece a visita de Iván Duque porque se converte na primeira dun presidente a Galicia nestes Ano Santo bienal e acepta a invitación do titular do Goberno colombiano para visitar Colombia cunha delegación económica galega

18/09/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a 54 edición do concurso rexional de gaitas de Ponteareas

A Fundación Artesanía de Galicia estará presente nos galardóns do que é o certame galego de gaitas máis antigo, outorgando dous instrumentos elaborados polos obradoiros artesáns Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional

17/09/21 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do recinto feiral estradense na dinamización económica da zona

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración do 5º Salón do Vehículo de Ocasión que se celebrará ata o domingo