Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

19/10/21 | 13:59 | C. do Medio Rural

A Xunta defende a aposta polas enerxías renovables para mellorar a competitividade das explotacións agrogandeiras galegas

José Luis Cabarcos sinalou que esta opción faise especialmente necesaria diante do cambio de paradigma do custo da electricidade e tamén para fomentar a economía circular como panca de vantaxe competitiva do sector

19/10/21 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá o ano que vén 4,8 millóns de euros no marco do Plan de pastos de Galicia, un 58 % máis que neste 2021

José González engadiu que o Goberno galego destinará o ano vindeiro 5,33 millóns de euros a seguir consolidando os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria

18/10/21 | 16:15 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza e promociona en Gourmets a riqueza e a calidade dos produtos galegos do agro e do mar

Ata 61 empresas participan, baixo o paraugas de promoción da Xunta, neste evento de referencia para os produtos delicatessen a nivel europeo

17/10/21 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños de Paderne de Allariz das vantaxes de implementar un polígono agroforestal ao abeiro da Lei de recuperación da terra

O Goberno galego está desenvolvendo o proceso para investigar a titularidade das 317 parcelas implicadas cunha superficie total de 43,46 hectáreas na zona de Solbeira-Figueiredo-Siabal, para axilizar a súa posta a disposición dos gandeiros que se beneficiarán da iniciativa

15/10/21 | 15:25

Ángeles Vázquez lembra que Galicia non sabe 'nin cando chegarán, nin canto suporán' as axudas do Goberno central para paliar os ataques do lobo

A conselleira de Medio Ambiente cre que Unións Agrarias “mostra a súa despreocupación polo sector agrogandeiro ao non desaprobar o desamparo ao que o somete o Ministerio para a Transición Ecolóxica co cambio de status da especie”

14/10/21 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o éxito da canle Mercaproximidade para dar saída aos produtos do agro durante a pandemia e agradece o compromiso da distribución

José Balseiros lembrou que foron máis de 450 as industrias e produtores que se adheriron a Mercaproximidade e que esta iniciativa facilitoulles a comercialización dos seus produtos malia as dificultades pola pandemia na hostalaría e a restauración

13/10/21 | 16:48 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda implementar en Tomiño un polígono agroforestal ao abeiro da Lei de recuperación da terra

Dito polígono dedicaríase á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo, tendo en conta que estes son os dous sectores produtivos máis destacados deste municipio pontevedrés

13/10/21 | 13:03

A Xunta promocionará os produtos galegos do agro e do mar na 34ª edición do Salón Gourmets de Madrid

Un total de 61 empresas galegas participarán nesta nova edición do principal evento europeo dedicado aos produtos delicatessen de referencia para os profesionais da industria da alimentación, das bebidas e da gastronomía

13/10/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta difunde en Italia a súa experencia no fomento e a promoción da calidade agroalimentaria

José Luis Cabarcos lembrou que Galicia, con 36 “experiencias de calidade”, é unhas das comunidades españolas con maior número de produtos amparados por denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

13/10/21 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca por primeira vez axudas para facilitar a actualización informática das organizacións profesionais e asociacións agrarias

O DOG publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, dotada con 150.000 euros