Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez avanza que as sendas de Soesto e de Serantes estarán rematadas a comezos de 2023 cun investimento de 335.000 €, facilitando desprazamentos máis seguros, limpos e saudables aos veciños de Laxe
Esta actuación dotará os veciños de Laxe de case 1,3 novos quilómetros de novos itinerarios peonís, facilitando os desprazamentos cara a equipamentos como a igrexa e o cemiterio; ou puntos de atracción e de interese turístico como a praia de Soesto
A Xunta publica a licitación do derrubamento do inmoble onde se emprazará a futura residencia de maiores de Ribeira
A Xunta e o Concello de Ames porán en marcha na segunda quincena de xuño os novos servizos de autobús entre as parroquias de Ortoño e Bugallido e Santiago, que empregarán 13.000 viaxeiros ao ano
Os novos servizos parten da proposta alternativa trasladada pola Xunta, cun incremento de frecuencias e a optimización dos servizos e un menor custo para a entidade local
A Xunta remata a construción dunha senda na estrada AC-421 entre Valenza e Castrobó, no concello de Coristanco
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou máis de 30.000 euros a mellorar o acceso dos veciños destes núcleos, onde se atopan os servizos principais
A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada OU-636 en Larouco
A intervención, cun investimento autonómico de 48.000 euros, desenvolveuse nos núcleos de Larouco e da Caseta
A Xunta retoma as obras da vía Ártabra para concluír o enlace coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros
A Administración autonómica presentou dous recursos de casación ante o Tribunal Supremo fronte ás sentenzas sobre esta infraestrutura ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
A Xunta destina 797.000€ aos quince concellos do Salnés e Caldas para a mellora de camiños ao abeiro do Plan marco
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria en Portocanles e Busto, no Concello de Catoiraa, xunto ao alcalde, Alberto García
Ethel Vázquez avanza que a comezos da próxima primavera os veciños de Valadares e de Pereiró, en Vigo, desfrutarán dunha estrada PO-330 máis segura, accesible e humana, cun investimento de máis de 1,8 M€
Vázquez Mourelle destaca que a actuación, nun treito de 7 km, ten como fin acadar a convivencia harmónica entre condutores e peóns nunhas zonas moi urbanas, atendendo ás demandas de veciños e comerciantes da contorna
As obras de urbanización da primeira fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol fan necesario o corte parcial do tráfico rodado desde mañá
A Xunta destina case 910.000 euros a esta actuación, destinada a dotar de acceso viario a planta soto -2 proxectada na ampliación do complexo hospitalario, que se destinará a servizos auxiliares de lavandería e restauración
A Xunta comezará mañá as obras dunha nova senda peonil na estrada autonómica PO-233, no lugar da Xesteira, no concello de Cerdedo-Cotobade
A titular de Infraestruturas salienta que as obras suporán un investimento autonómico de preto de 48.000 euros