Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

13/07/21 | 13:40

A Xunta lembra que Galicia conta cun decreto que regula o uso de instalacións permanentes en zona de servidume para garantir o equilibrio entre o uso e a protección da costa

Ángeles Vázquez salienta que este cambio normativo, aprobado en 2019, é unha mostra do bo facer do Goberno autonómico no emprego do territorio

09/07/21 | 14:47

Galicia xestionará 21,6 M€ dos fondos europeos para proxectos e actuacións en materia de biodiversidade

Ángeles Vázquez lamenta que debido aos criterios de reparto do Ministerio, a contía asignada para conservación e restauración do patrimonio natural galego é insuficiente para unha Comunidade na que o 42% do territorio conta con algún tipo de protección

09/07/21 | 12:30

A Xunta licita por máis de medio millón de euros as obras do novo edificio do Centro de Fauna no Veral

Con esta actuación, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), búscase renovar as actuais instalacións ante o deterioro que presentan nestes momentos parte das edificacións que integran o complexo

08/07/21 | 17:20

A Xunta apoia a Negreira con máis de 125.000 € no seu obxectivo de sumarse á listaxe de concellos con PXOM

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego achegará un 90% do orzamento necesario para redactar o Plan xeral

08/07/21 | 17:17

Sogama afiánzase como a planta de tratamento de residuos máis moderna, eficiente e sostible de Europa

Javier Domínguez explica que a ampliación do Complexo Medioambiental, coa incorporación dunha nova planta con tecnoloxía 4.0, supuxo o inicio dunha nova era para a entidade definida polo incremento exponencial da achega á reciclaxe e a notable caída do vertido

08/07/21 | 16:23

Medio Ambiente paraliza de forma cautelar as obras do Concello de Cangas na praia de Rodeira pola posible afección a unha especie ameazada

No lugar onde se están a desenvolver os traballos existen exemplares de xesta de Ons, un tipo de arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas

07/07/21 | 14:23

A Xunta licita a nova planta de transferencia de residuos de Curtis por 1,36 M€ co obxectivo de que entre en funcionamento o próximo verán

A intención é substituír a actual microplanta por outra nova de maior capacidade e que ademais da bolsa negra, tamén poida tratar a amarela e os biorresiduos

06/07/21 | 12:30

Galicia avanza no deseño de arrecifes artificiais para favorecer a protección dos ecosistemas mariños e a economía circular

A Xunta destinou 100.000 euros á mellora do módulo de arrecife artificial da Universidade da Coruña que inclúe materiais de tipo biolóxico procedentes de restos da produción da industria conserveira, como a cuncha de mexillón

06/07/21 | 12:14

Galicia viviu un mes de xuño moi húmido, con precipitacións que duplicaron os valores habituais

O avance do último informe de MeteoGalicia revela que este período se caracterizou por ser lixeiramente frío e rexistrar dúas metades diferenciadas, cunha primeira quincena de predominio anticiclónico e unha segunda marcada polas borrascas