Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

30/09/21 | 14:04 | C. de Economía e Industria

Feijóo avanza un apoio de 11,6 M€ para poñer en marcha a primeira fase do polo de tecnoloxías cuánticas con aplicacións na medicina, biotecnoloxía, aeronáutica ou telecomunicacións

Incide en que esta primeira fase permitirá despregar as infraestruturas necesarias, do polo, como un simulador e un computador cuántico ou un sistema de computación de altas prestacións

29/09/21 | 18:58 | C. de Economía e Industria

Galicia espera poder competir en igualdade de condicións para que o reparto dos fondos europeos chegue ás pemes

Apunta que o novo presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez Vázquez, asume o cargo nun contexto cheo de retos que pasan por impulsar a transformación e a resiliencia do tecido económico

29/09/21 | 16:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve Brasil como un destino con potencial cara ao que enfocar a Estratexia Galega de Internacionalización

Trátase dun dos países no que máis creceron as exportacións galegas nos primeiros sete meses do ano: máis do dobre con respecto ao mesmo período de 2020

29/09/21 | 16:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o Festival Ares Innova 2021 para achegar a cultura innovadora a todos os públicos

Comezará este venres 1 de outubro e continuará o sábado 2 e o venres 9 en Montefaro, Redes e Ares

A iniciativa busca implicar á comunidade local na busca de solucións compartidas a retos sociais, económicos e medioambientais a través dun modelo que será extrapolado a outros territorios de Galicia

29/09/21 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica que o Plan de restauración de Casalonga contempla un uso forestal do terreo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou esta mañá no Parlamento que a Xunta de Galicia vela polo cumprimento da normativa aplicable e que a empresa conta con todas as autorizacións necesarias para continuar coa actividade mineira

29/09/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para as axencias de viaxes tras conceder 183.000€ a 34 establecementos da provincia na primeira quenda

O delegado territorial, Luis López, informou hoxe desta orde, orientada a gastos de alugueiro ou de préstamos hipotecarios dos locais e que ten aberto o seu prazo de solicitude ata o vindeiro 11 de outubro, nunha visita a Viajes Arany, de Pontevedra

29/09/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Boeing na posta en marcha na Tecnópole da súa primeira aula permanente de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

 A ‘Aula Newton’, que demostrou o seu éxito en Noruega, Dinamarca e Escocia, instalarase en San Cibrao das Viñas e está dirixida a estudantes de 14 a 16 anos de toda Galicia
 

28/09/21 | 21:35 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que a constitución de Galicia Foro Empresarial amosa que o tecido galego afronta desde a colaboración os retos da economía poscovid

O vicepresidente económico, Francisco Conde, asistiu hoxe á presentación, que se celebrou en Vilagarcía de Arousa

28/09/21 | 10:28 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o proceso de transformación do tecido produtivo pasa necesariamente pola dixitalización e a sustentabilidade

Salienta a aposta que deben facer as pemes polo talento, “a canle e o vehículo condutor impulsor do cambio”