Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta investirá 5,3 M€ en 2022 para impulsar ferramentas da Lei de recuperación da terra como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo
José González destacou que a posta en marcha desta norma contribuirá tanto a xerar actividade económica no agro como a fixar poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais
A Xunta comparte cunha delegación do País Vasco os seus avances na posta en valor e recuperación da terra agraria de Galicia
Nun encontro coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, analizaron a Lei de recuperación da terra e os instrumentos que recolle, como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta
A Xunta seguirá apoiando ao sector gandeiro fronte aos danos da fauna silvestre e duplicará en 2022 as axudas para medidas de prevención
Os orzamentos do ano que vén reservan 906.000 € para previr os ataques destas especies, á vez que se mantén a partida de 2,1 M€ para paliar os danos que causan
A Xunta comunica ao Ministerio de agricultura un foco positivo por Sars-Cov-2 nunha granxa de visóns de Carral
A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España
A Xunta insiste en que os ecoesquemas da futura PAC deben atender á realidade dos sistemas agrarios predominantes na cornixa Cantábrica
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias dixo que Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco lograron importantes avances na defensa dos seus agricultores e gandeiros pero que aínda quedan varias demandas por atender
A Xunta reitera a oferta de colaboración ao concello de Vigo a prol da mellora do seu monte periurbano
José González lamentou a falla de resposta do alcalde vigués á súa demanda, trasladada hai xa medio ano por carta, de abordar a proposta do anel verde conxuntamente
A Xunta alleará 52 lotes por case 1,4 millóns de euros na próxima poxa pública electrónica de madeira que se celebrará en Ourense
Cómpre destacar que 24 lotes contan con certificación forestal sostible PEFC e 13 con dobre certificación PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación más implantados a nivel mundial
Galicia demanda continuar negociando para adecuar a PAC ás especificidades da España húmida
A Xunta valora que, nesta última fase da negociación, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación mellorase substancialmente o deseño dos ecoesquemas para recoller as peculiaridades da Cornixa Cantábrica
A Xunta e a Deputación de Ourense acordan impulsar de novo o vindeiro ano a Festa da Vendima de Monterrei
A nova cita promocional prevese para o mes de outubro do ano 2022
A Xunta acomete a mellora de pistas municipais nas parroquias de Ribadumia, Sisán e Leiro cun investimento de 40.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, David Castro, supervisa as actuacións de acondicionamento e reposición do firme en sete vías realizadas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2021