Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

11/01/21 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na presentación do cartel da Semana Santa de Santiago nunha edición especial con motivo do Ano Santo

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación esta mañá do cartel elaborado de xeito conxunto por todas as confrarías da Semana Santa compostelá

09/01/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta da continuidade ao proxecto 'Acende o Xacobeo' coa iluminación das sete cidades galegas ata o 25 de xullo

A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela iluminan algúns dos seus principais edificios uníndose así ao Xacobeo2021

05/01/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A retransmisión do inicio do Xacobeo 2021-2022 foi seguida por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo

O audiovisual conducido por Carlos Núñez co que se pechou o acto contou coa participación solidaria e altruísta de destacados artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Rozalén, Amaral, Iván Ferreiro, Xabier Díaz, Cristina Castaño ou Paulo Coelho, entre outros

05/01/21 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a licitación das obras nos albergues de Palas de Rei e O Pino, e do embarcadoiro de Chancís na Ribeira Sacra, que contan cun orzamento de preto de 1,3 M€

As actuacións en ambos albergues forman parte do Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7M€ para reforzar a rede pública destes establecementos

04/01/21 | 17:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a oportunidade que supón o Xacobeo 2021 para a proxección do sector cultural galego

O representante da Xunta de Galicia sinala este acontecemento como un revulsivo para a cultura galega, especialmente importante no contexto da covid-19

04/01/21 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 3,5 M€ ás axudas para mellorar e renovar as instalacións dos establecementos turísticos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do albergue da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) San Antonio de Herbón de Padrón

29/12/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 2021 comezará cun acto videomusical que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en streaming e pola TVG

Trala celebración litúrxica proxectarase un vídeo de benvida do Ano Santo, no que participarán artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Amaral ou Rozalén

28/12/20 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Proxecto 'Acende o Xacobeo' remata este xoves iluminando monumentos históricos en Santiago, Muxía e Fisterra desde mañá pola tarde

Trenor informou que desde mañá 29 de decembro e ata o xoves 31 de decembro iluminaranse o faro de Fisterra, o santuario da Virxe da Barca, 3 edificios en Santiago e a Torre do Reloxo da Catedral