Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

20/08/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O ciclo “Concertos na fin do mundo” esgota case todas as entradas para as catro actuacións en faros galegos

Para o primeiro concerto que se celebrará mañá no faro Cabo Silleiro de Baiona xa se venderon tódolos tickets, ao igual que no do 27 de agosto no Punta da Barca de Muxía e o do 10 de setembro no faro de Punta Atalaia de San Cibrao en Cervo, mentres que para o do 3 de setembro no faro de Corrubedo de Ribeira tamén están a piques de esgotarse

19/08/21 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta embelece e sinaliza o Camiño de Santiago en Caldas de Reis coas bandeirolas do programa `Xacobeo benvida'

O delegado territorial, Luis López, supervisa o treito da ruta portuguesa engalanado no casco histórico da vila caldense ao seu paso pola rúa Real

18/08/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe dunha vintena de puntos céntricos, turísticos e patrimoniais de Moraña coa instalación de cubrecontedores

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, José Cela, supervisa esta actuación de embelecemento, cofinanciada por Turismo de Galicia con preto de 65.000€ nas duas últimas convocatorias

11/08/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza unha viaxe de familiarización para promocionar o Camiño do Norte

A Revista Autoturing austríaca dará a coñecer o trazado logo das visitas guiadas a algúns dos puntos que atravesa como Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Sobrado dos Monxes ou Santiago de Compostela

05/08/21 | 13:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Fernández-Tapias destaca o compromiso da Xunta co Marisquiño como referente europeo do deporte urbano e como polo de atracción turística en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, valorou a celebración de eventos como este que fomentan a actividade deportiva, contribúen á dinamización económica e proxectan no mundo a imaxe de Vigo e de Galicia

05/08/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Compostela Monumental para reactivar o turismo e o Xacobeo na cidade de Santiago

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou xunto co presidente da asociación, José Manuel Bello, as actuacións para mellorar a sede da entidade e para promocionar o comercio local no marco da colaboración entre a Xunta e a asociación

04/08/21 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con “Estrelas no Camiño de Santiago”, que exalta o potencial gastronómico de Galicia

A iniciativa, que reúne a 17 chefs de recoñecido prestixio que suman 44 Estrelas Michelin, permitirá seguir posicionando a Galicia como destino gastronómico de excelencia