Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

03/08/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta unifica os procedementos para as ensinanzas deportivas

A Consellería de Educación publica unha orde que regula a organización e funcionamento dos centros que as imparten, así como os criterios de admisión, entre outros

30/07/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A cidade de Lugo concentra o maior investimento en obras educativas da Xunta en toda Galicia

O investimento do plan de obras deste verán superará os 5M€ para mellorar os colexios e institutos da provincia

30/07/21 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación da reforma do instituto Luís Seoane de Pontevedra por 750.000 €

A actuación enmárcase no paquete de 84 melloras que se van licitar antes de que se remate o ano, das que 39 se executarán na provincia de Pontevedra

29/07/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata as obras de rehabilitación integral do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos tras investir case 900.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos, que tiñan o dobre obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e modernizar as instalacións para facelas máis cómodas e accesibles

29/07/21 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta o primeiro dicionario galego-ruso

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o profesor Aleksandr Dziuba dan a coñecer o volume dixital que recompila preto de 11.000 lemas, que se ha completar ata os 40.000, e está dispoñible de balde no Portal da Lingua Galega

28/07/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora a eficiencia enerxética do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei tras investir 216.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras, que incluíron o cambio da iluminación por outra de tecnoloxía LED, a substitución de carpinterías e o illamento térmico sobre o forxado baixocuberta

28/07/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia a inminente licitación das obras de reforma do CEIP Manuel Respino de A Rúa ás que destina preto de 635.000 euros

O delegado territorial explicou que as actuacións están destinadas a mellorar a eficiencia enerxética do centro e a facilitar a súa accesibilidade

28/07/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 783.000€ na rehabilitación integral do IES de Catabois en Ferrol, que quedará adaptado ás características do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Trenor explicou que as obras licitadas hoxe suporán un salto de calidade no confort para alumnado, con espazos máis accesibles, mellor ventilados e máis eficientes desde o punto de vista enerxético

27/07/21 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/07/21 | 10:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con 14 librarías para impulsar actividades de promoción do libro e a lectura

O DOG publica a resolución das subvencións destinadas a accións como presentacións, encontros ou obradoiros nos propios establecementos ou a través de internet