Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

16/10/21 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a Marca Galicia avala o esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño

Conde salienta que o deseño xoga un papel transformador na competitividade empresarial e no benestar social

15/10/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A provincia de Lugo alcanza os 22 concellos emprendedores tras a adhesión de Lourenzá

O municipio lucense súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

14/10/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a activación dun 4º Plan de Rescate para empresas e autónomos cons 134 M€ que non se distribuíron da convocatoria anterior polas trabas burocráticas estatais

Sinala que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables

11/10/21 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta levará nos próximos días a súa campaña informativa sobre a nova tarifa eléctrica a distintos concellos da provincia da Coruña

Abegondo acollerá este mércores esta xornada de apoio e asesoramento á cidadanía, que chegará o xoves a Boiro e o próximo 21 de outubro a Boqueixón

11/10/21 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta aproba os domingos e festivos nos que as grandes superficies comerciais poderán abrir en 2022

Como cada ano, trátase de dez días que foron consultados pola Administración autonómica coas principais organizacións do comercio dos consumidores

06/10/21 | 12:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a transcendencia da aceleradora High Tech Auto para completar a cadea de valor da industria do automóbil en Galicia

O prazo para apuntarse á terceira convocatoria comeza hoxe e manterase aberto ata o 3 de decembro

05/10/21 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a creación do grupo de expertos que contribuirá á configuración da nova estratexia RIS3 de Galicia

Conde apunta a que a iniciativa é unha oportunidade para abordar a Galicia do 2030 a través dun modelo intensivo en coñecemento, sostible e pensado por e para as persoas

01/10/21 | 17:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Redondela a importancia de incentivar as vendas no comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, aplaude iniciativas como os Shopping Days, que organiza hoxe e mañá a Asociación de Empresarios de Redondela

01/10/21 | 14:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a función dos clústeres como impulsores da competitividade do tecido empresarial galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantén un encontro con representantes destas asociacións no que pon en valor a súa importancia e capacidade á hora de mobilizar recursos e proxectos, definindo estratexias cooperativas nos distintos sectores económicos

30/09/21 | 21:13 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela a un diálogo sosegado e multilateral para abordar o modelo de financiamento autonómico centrado nas persoas e non nos territorios

Avoga por un sistema de financiamento “xusto, sen gañadores nin perdedores”, acorde ao custe real de servizos como a sanidade ou a educación