Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia defende a unidade de acción en España para evitar que se produzan recortes de cotas nas augas compartidas co Reino Unido
Considera clave que España se arme de argumentos socioeconómicos sólidos para defender os intereses da frota na negociación coas autoridades europeas e británicas das posibilidades de captura nestes caladoiros
A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 16 persoas por furtivismo na costa da Coruña
O operativo comezou no mes de outubro a raíz das denuncias da Confraría de Pescadores da Coruña alertando de furtivos da zona do Portiño que extraían percebe de forma ilícita no litoral próximo a cidade coruñesa
A Xunta a través do GDR e do GALP da Costa da Morte apoiou 18 proxectos no 2020 cun investimento de máis de 1,3M€
O delegado da Xunta participou nun encontro de traballo cos presidentes de ambas entidades para facer balance e definir as estratexias no 2021
Galicia conta cunha nova ferramenta para mellorar a xestión dos recursos pesqueiros da baixura e acadar unha actividade sostible e rendible
O ‘Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia 2000-2018’, presentado hoxe aos representantes do sector, fai unha radiografía da frota de artes menores de Galicia coas 20 modalidades de pesca máis importantes e a súa evolución así como coas especies obxectivo máis relevantes para o sector
O Centro de Formación A Aixola amplía a súa oferta formativa con medio cento de prazas para catro novos cursos en 2021
As clases, gratuítas e dirixidas a persoas con vinculación co sector pesqueiro, desenvolveranse entre xaneiro e maio nas instalacións da escola no Porto de Marín
Portos de Galicia coordina coa confraría de pescadores de Cambados a reordenación do peirao de Tragove
A presidenta do ente público mantivo unha reunión de traballo co patrón maior na que lle informou tamén da licitación do proxecto de ampliación da lonxa
Galicia pide unha estratexia común para defender os intereses da frota que faena no Gran Sol ante o acordo do brexit
Solicita unha vez máis ao Goberno central ter presenza na representación de España nas futuras negociacións de cotas de pesca tanto no seo da UE como co Reino Unido co obxectivo de que a comunidade galega sexa escoitada
As melloras realizadas na fábrica de xeo da confraría de pescadores de Cedeira permiten reducir ata un 50% o seu consumo enerxético
Esta actuación supuxo un custo total de 508.000 euros e foi subvencionada pola Consellería do Mar na convocatoria de 2020 de axudas á mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e condicións de traballo dos pescadores e da calidade dos produtos desembarcados
Gardacostas requisa máis de 500 quilos de distintas especies de peixe e marisco, preto de 300 útiles e case 7.000 metros de artes de enmalle
Os operativos máis importantes desenvolvéronse no litoral da Costa da Morte, no que os axentes requisaron preto de 350 quilos de distintas especies, 167 útiles e máis de 5.000 metros de artes de enmalle