Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Turismo:

26/10/21 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na dixitalización e a sostibilidade as claves para a transformación do tecido produtivo galego

Conde destacou a importancia da colaboración público-privada para que a recuperación chegue ás pemes e autónomos, así como a necesidade de que o Goberno ofreza certezas sobre os prazos e os criterios de selección á hora de aplicar os fondos europeos

25/10/21 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta outorga o selo Galicia Calidade ao hotel Bela Fisterra por apostar pola xeotermia nas súas instalacións

O distintivo, que conta coa colaboración da Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), entregouse tamén á empresa Energanova, instaladora desta tecnoloxía no complexo turístico

24/10/21 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo emprendemento como vía para a creación de emprego e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantén un encontro con representantes de AJE Galicia no que avoga pola colaboración entre administracións e axentes socioeconómicos para fomentar a vocación empresarial e os proxectos innovadores

22/10/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

Galicia supera as 7300 empresas exportadoras no que vai de ano, 1670 máis que en 2020 e 1620 máis que en 2019, antes da pandemia

Durante os oito primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora

As exportacións galegas rozan os 15.000 millóns de euros entre xaneiro e agosto, o que representa unha mellora de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado

A balanza comercial galega arroxa un superávit por sexto mes consecutivo, acadando un total acumulado en 2021 de máis de 2328 millóns

22/10/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

Ao longo de cinco xornadas, repartidas entre o 9 e o 19 de novembro, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación Next Generation UE

21/10/21 | 22:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior

21/10/21 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa Universidade de Santiago na posta en marcha dun laboratorio de innovación e economía social

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, participou na presentación do proxecto LIES_GA para a formación, asesoramento e fomento do espírito emprendedor entre o alumnado universitario

19/10/21 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o apoio aos concellos para axilizar o reparto das súas axudas á hostalería

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego distribuíu 2,5M€ de axudas de 64 municipios que chegaron a máis de 2.400 hostaleiros, dos que 28 concellos adheridos e 1.136 locais beneficiarios foron da provincia da Coruña

16/10/21 | 17:00 | C. de Economía e Industria

Conde pon en valor o compromiso coa sustentabilidade das iniciativas presentadas aos premios Semente e a súa ilusión por emprender

Indica que, tanto nos proxectos finalistas como nos tres gañadores, a innovación volver ser a protagonista, xunto coa economía circular, a tecnoloxía aplicada ao sector primario ou a cultura e o turismo sostible